Barreiro
Carreira solidaria "La vuelta al cole"
Posted Novembro 6th, 2020 by profe20O pasado martes, todos e todas participamos nunha carreira moi especial. O motivo da mesma é colaborar na investigación da leucemia, procurando respostas á mesma que melloren a vida dos peques que a padecen.
Con este propósito colaboramos cunha achega simbólica e recibimos o noso dorsal de corredor.
A carreira converteuse nun circuito no que tiñamos que correr, saltar, deslizarnos e pasar entre unha chea de fitas de colores. Non queriamos nin gañar nin perder, só axudar e divertirnos e o obxectivo quedou conseguido.
Velaquí os tedes lucindo diploma e medalla.... todos e todas son uns campións!!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Carreira solidaria "La vuelta al cole"
Posted Novembro 6th, 2020 by profe20O pasado martes, todos e todas participamos nunha carreira moi especial. O motivo da mesma é colaborar na investigación da leucemia, procurando respostas á mesma que melloren a vida dos peques que a padecen.
Con este propósito colaboramos cunha achega simbólica e recibimos o noso dorsal de corredor.
A carreira converteuse nun circuito no que tiñamos que correr, saltar, deslizarnos e pasar entre unha chea de fitas de colores. Non queriamos nin gañar nin perder, só axudar e divertirnos e o obxectivo quedou conseguido.
Velaquí os tedes lucindo diploma e medalla.... todos e todas son uns campións!!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Taller de mate: Voade bolboretas!
Posted Outubro 31st, 2020 by profe20Aprendemos xogando, aprendemos pola necesidade de dar resposta a necesidades reais que nos motivan e que poñen a traballar todas as nosas habilidades.
Atopamos unhas bolboretas que non podían voar xa que estaban retidas por uns pesados candados. Para poder liberalas, os peques debían descubrir que forma tiñan as chaves, procurar as mesmas e abrir os candados. O xogo resultou tan divertido que todos querían probar unha e outra vez...
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Tempo de SAMAÍN
Posted Outubro 31st, 2020 by profe20Chegou o tempo das pantasmas, morcegos, bruxas e arañas, ... dos sustos e das risas, ... é o tempo de Samaín!
Grazas ao traballo dos peques a aula estaba decorada para unha festa de Samaín na que non faltaron a música nin os xogos...
Para que non perdades o ritmo e sigades bailando sen parar cos vosos monstros premede na imaxe e desfrutade da canción de Xan Curiel "Toca o teu pé", pertencente ao disco "A casa do Terror".
Biquiños de baba de caracol e tea de araña de Lupo e meus.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
OCURRE(CIEN)CIAS: "Garavanciño"
Posted Outubro 23rd, 2020 by profe20Esta semana, de novo, tivemos sesión de Ocurre(cie)ncias. Desta volta o invitado foi un personaxe, pequeno, pequerrechiño... GARAVANCIÑO!
A través da súa historia temos realizado actividades moi diferentes como atopalo entre ducias de garavanzos, experimentar as diferenzas entre os garavanzos secos e rehidratados, contruír con estes garavanzos e pauciños, ... pasámolo xenial! Velaí unhas imaxes que así o amosan.
Premede na imaxe para recordar a historia e contestar a unhas preguntiñas con axuda dun maior.
Biquiños con sabor a potaxe de Lupo e mais eu.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Adiviña quen é..
Posted Outubro 23rd, 2020 by profe20Este xoves, estivemos de celebración... Unha das nosas peques estivo de cumpre. Seguro que recordades quen é, non si?
Premede no debuxo e intentade adiviñar de quén se trata.
Biquiños con sabor a crema de cabaza de Lupo e mais eu.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
OCURRE(CIEN)CIAS: "Marcelina en la cocina"
Posted Outubro 16th, 2020 by profe20Comezamos un pequeno proxecto destinado a achegarnos ao mundo da ciencia a través dos contos. Hoxe foi o turno de "Marcelina en la cocina". A través desta divertida historia, fixemos un pequeno experimento que nos gustou moitísimo.
Vos deixo un pequeno xogo para que volvades a escoitar o conto e contestedes a algunhas preguntiñas coa axuda dalgún maior.
Biquiños de tutifruti de Lupo e mais eu.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
XOGAMOS? OS NOSOS NOMES... QUÉN SERÁ? (1)
Posted Outubro 16th, 2020 by profe20Encántanos xogar cos nosos nomes por iso, propóñovos este xogo no que deberedes escribir na orde correcta as letras para formar o nome dun dos peques da aula.... quén será?
Premede na imaxe e... a xogar!
Biquiños de Lupo e mais eu.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Xogamos?
Posted Outubro 11th, 2020 by profe20Como esta fin de semana é un pouco máis longa do habitual, vos presento un novo xogo para que non esquezades aos compañeiros e compañeiros da aula. Trátase dun memori no que os protagonistas sodes vos. Lupo e mais eu esperamos que vos guste. Premede na imaxe e... a xogar!!
Biquiños de Lupo e mais eu
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Bolboretas de outono
Posted Outubro 9th, 2020 by profe20Hai uns días xa que os peques da aula sairon "voando" cara as súas casas. E é que se tiñan convertido en bolboretas de outono. Cada día, cando volvemos do recreo, nos convertemos en bolboretas para recuperar a calma e que mellor forma de festexar a chegada do outono que crear unhas ás e unhas antenas de bolboreta con elementos propios desta estación. Velaquí o seu traballo
e o fermoso resultado
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »