Barreiro

QUEN SERÁ, SERÁ?

Este luns, a nosa aula estivo de celebración.

E é que, unha das nosas peques, estivo de cumpreanos. Recordades quen foi? Seguro que vos si pero se cadra as vosas familias non o saben, que vos parece se xogamos a que adiviñen de quén se trata?

Premede na foto a continuación e descubride a nosa cumpreañeira ;)

 

 

Biquiños de Lupo e máis eu.

Xogamos?

Comezou un curso moi peculiar no que as nosas cariñas aparecen tapadas cada día por unha máscara... e, por qué non aproveitar isto para xogar?

Qué vos parece unir as vosas fotos con e sen máscara? Seredes quén de adiviñar quen se agocha detrás de cada unha delas? 

Premede sobre a imaxe para acceder ao xogo e, se vos gusta, comentádemo.

Biquiños de Lupo e meus tamén Guiño

Ana. 

Estamos de volta!

E despois de tanto tempo, abrimos de novo as portas da aula. 

Son moitos os cambios: entramos máis tarde, xogamos distinto, mantemos as distancias e lavamos as mans unha chea de veces.... Pero seguimos sendo un grupo de peques cheos de ilusión e un grupo de mestras e mestres dispostos a poñer todo da nosa parte por facervos sentir seguros sen perder a esencia do noso traballo.

Hoxe é 11 de setembro, primeiro día de escola e só podo dicirvos que estou encantandísima de poder dicir... BENVIDOS DE NOVO!

ADEUS, GOODBYE, CHAO, ABURIÑO

Ola cativas e cativos, isto rematou, para ben ou para mal chegou o final e non podo despedirme sen deixarvos unhas palabriñas (queda en arquivos adxuntos).

 

E como hoxe a miña entrada na web trata do que eu aprendín de vós, non pode faltar un conto que explica moi ben o que as pequenas e pequenos deixan en nós, as mestras.

E non podo esquecerme dunha canción para cantar e bailar.

Unha aperta que voará por moito tempo ao voso arredor, a profe Marta.

AGASALLO APERTAS

Ola cativas e cativos, xa non vos pregunto que tal estades...porque cando vos vin o luns xa comprobei que estades perfectamente.

Que ilusión veros!!! Medrachedes moitísimo, foi moi emocionante teros outra vez polo cole. Ainda que me fixo moita ilusión veros alí, botei unha cousa de menos, e eu sei que vós tamén. Darvos unha enorme APERTA. 

As apertas eran como a nosa sinal de identidade e o luns non puidemos repetila, así que hai vai o meu reto para o día de hoxe...

Coa excusa das apertas vouvos presentar un oso moi agarimoso ao que lle encanta dar apertas de todos os xeitos posibles.

E, claro, como non pode ser doutro xeito, aquí tedes unha canción de apertas...

Agora si, unha aperta que voa da profe Marta.

CHEGOU O DÍA DE DARNOS UN ABRAZO DE CÓBADOS

Ola cativas e cativos, que nerviosa estou hoxe!!! Por fin chegou o día de vernos e darnos un abrazo de cóbado. Non me chega o momento de veros.

Por iso a tarea de hoxe vai ser moi sinxela, quero pedirvos de fagades...

Eso si, tedes que despois facermo chegar...así que xa as espero.

E coma sempre non podía faltar un conto, hoxe vouvos presentar a Frederick, un ratiño moi especial.

Para rematar unha canción para mover o esqueleto

Hoxe non me vou despedir cunha aperta que voa senon que vou estar esperando o voso abrazo de cóbado.

ISTO CHEGA O FIN

Ola cativas e cativos, xa non queda nada, como xa sabedes hoxe é venres e xa só nos queda unha semana de cole. Os venres ven polo cole a profe Soraya e a súa amiga Felisa, así que veña, a visitar a súa especialidade.

Caselín segue moi soíño no cole, así que, puxose en contacto cos profes porque quere despedir este curso dun xeito diferente, tendo en conta o distinto que foi este curso para todos. 

A miña proposta de hoxe vai ser a mesma que nos fai Caselín, espero que vos animedes a participar.

Como o luns vemonos na escola de Barreiro decidiremos cal é o mellor lugar para simbolizar o noso camiño.

Para pasar un rato divertido o profe Abraham quixo compartir un xogo onde temos que descubrir que personaxe se atopa agochado...

Coma de costume, non podo deixar de poñervos aquí un conto, a ver que vos parece este...

E para rematar, unha fermosa canción, que coñecedes ben xa que a bailamos unha chea de veces na nosa escoliña de Barreiro.

Unha aperta que voa da profe Marta.

E SEGUIMOS

Coma sempre non teño palabras, aí seguides traballa que traballa... 

VEÑA, SEGUIMOS

Ola cativas e cativos, que tal? como estades? Veña, que hoxe é mércores e non queda case nada para rematar o cole. Acordarvos de ir visitar as especialidades de hoxe e mañá: a profe Ana, a profe Laura en atención educativa e a teacher Noelia.

Hoxe tamén ía ser un día moi especial na escola de Barreiro, xa que celebrariamos o derradeiro aniversario do curso. E quen é a homenaxeada? Siii, Samara está de aniversario, así que xa sabedes a facerlle o seu fermoso agasallo.

E como non podería ser doutro xeito, aquí deixo esta fermosa canción para ti. Que cumplas moitos máis!!!

Entón hoxe ía ser un día diferente na nosa escola, así que a miña proposta de hoxe tamén vai ser diferente. Seguro que nestes días a levariamos a cabo no cole...pero como non pode ser, vos convido a que a fagades na casa.

Non esquezades escribir a vosa receita no recetario, volo deixo en arquivos adxuntos.

E agora que xa somos grandes cociñeiros, vos deixo aquí un vídeo dos nosos amigos, Telmo e Tula, facendo un riquísimo xeado de vainilla. Espero que vos guste. 

E como non podía ser doutro xeito, xa que facemos un xeado tan saudable pois lle acompaña unha canción saudable...

Agora si, unha aperta que voa da profe Marta.

SEN PALABRAS

Aí seguides, incansables e iso que as forzas flaquean para todo o mundo. Eu orgullosa, coma sempre, do voso interese.

Distribuir contido

Back to top