Barreiro

REMATAMOS A SEMANA

Ola cativas e cativos, xa rematamos a semana. Isto non corre, voa!!!

E se rematamos a semana... Que día é hoxe? Pois si, venres. Xa sabedes, ir a visitar a profe Soraya, que ten unhas actividades xeniales, seguro que o pasades moi ben facéndoas.

Imos seguir investigando sobre o mundo mariño, así que volvo deixar a ruleta, para que busquedes información sobre outro animal do mar.

E coma non podía ser doutro xeito, o reto de hoxe ten que ver coa auga. Veña poñemos a bata de científicos e a investigar...

Aquí vos deixo o enlace para que vexades o vídeo. 

E coma non podía ser doutro xeito, aquí vos deixo un conto fermosísimo sobre o ciclo da auga. Espero que vos guste...

Hoxe, en honra a Aldara e o seu Maio, deixo unha canción sobre os Maios para que podades cantar e bailar. 

Hoxe, como cada quincena, deixo material para imprimir:

- NON FAI FALTA FALTA IMPRIMIR A COR (o fago así para que o vexades mellor nos distintos medios tecnolóxicos). 

- NON É DE OBRIGADO CUMPRIMENTO, e material de axuda para os que queiran facelo.

E xa, unha aperta que voa da profe Marta.

ABRAIADA

Cada día me sorprendedes máis e máis, por iso estou ABRAIDA, en maiúsculas, das grandes actividades que facedes. Superan con creces as miñas expectativas. Aquí deixo un pequena mostra delas.

 

 
 
Unha actividade que dín que lle custou moito facela...
 
"AITANE COME A TARTA DE MARTA
E QUEDOU FARTA"
 
Que ilusión ver o cole,cantos días sen ir por alí...
 
 
 
GRAZAS FAMILIAS, todo isto sen vós non sería posible.
 

VEÑA, A POLO MES DE MAIO!!!

Ola cativas e cativos, parece que non, pero o mes de maio xa está aquí. Hoxe é mércores 6 de maio, e xa sabedes os mércores nos visitan a profe Ana e o profe José Ramón. Non vós esquezades de pasar polas súas especilidades, e os que quedan comigo en Alternativa, ide a tamén a especialidade, que a profe Laura, seguro, deixou cousas moi interesantes.

 Neste mes de Maio imos seguir co mundo mariño, e aquí deixo un novo xogo, a ver que vos parece.

PULSA NA RULETA E INVESTIGA SOBRE O ANIMAL DO MAR QUE TE SAIA PARA DESPOIS DEBUXALO.

O reto de hoxe tamén ten relación cos animais do mar, xa que estamos investigando sobre eles, vos convido a crear o voso propio ACUARIO.

Hoxe tamén imos aprender algún vocabulario do mundo mariño, repetir con ela... 

 

E como non podía faltar, unha canción sobre os animais do mar, para cantar e bailar. E que mellor xeito que da man da profe Soraya. Que ledicia bailar con ela e con Felisa!!!

Coma sempre, no inicio da semana, deixo algunhas ideas de actividades que as pequenas e pequenos poden levar a cabo de xeito autónomo, con material que teñamos na casa.

Unha aperta que voa da profe Marta.

 

NOVAS FOTOS

Que gozo ver a vosa acollida en todas as propostas que imos realizando. Un GRAZAS con maiúsculas, sodes fantásticos.

Aquí deixo algúns dos vosos retos.

A tarta do DÍA DA NAI, noraboa, son xeniales.

Os experimentos, cal será o xeito máis doado de achegarse ao noso mundo? Pois, a través das experiencias, e aquí temos algunhas delas.

E para que o poidades ver, aquí tedes un pequeno video para que o vexades.

 

 
 
E tamén, eses momentos, onde podo concentrarme nunha tarea, sen a axuda de ninguén.
 

AQUÍ SEGUIMOS

Que fermoso ver que estades ahí, coma sempre un gozo ver as vosas caras de felicidade. GRAZAS

SEGUIMOS XOGANDO

Ola cativas e cativos, como estades hoxe? Eu un pouco nerviosa porque, por fin, nos imos ver, ainda que sexa nunha pantalla de ordeador.

Veña, almorzade pronto, que xa vos estou esperando...

Xa estamos a mércores dunha semana nova, recordade que hoxe viría ao cole o profe JOSÉ RAMÓN e a profe ANA, non vos esquezades de pasar polas súas especialidades. Tamén facer unha visita a especialidade ALTERNATIVA que ten cousas novas e moi interesantes. Veña ir para alí.

Hoxe no cole teríamos un día diferente, xa que a nosa amiga NEREA está de aniversario. Parabéns Nerea, xa temos un aniño máis. Coma sempre nos aniversarios, os amigos e amigas temos un traballiño que facer, así que mans a obra, e a facerlle a nosa amiga NEREA o seu regalo.

Despois de toda esta festa e de comer moito biscoito, hoxe veño cunha proposta que vos vai gustar moito, imos mancharnos na cociña. 

O domingo é o día da nai, é que mellor xeito de celebralo que facerlle unha tarta. Como Caselín está todo o día no mar, faremos unha tarta en forma de PEZ.

Aquí vos deixo a receita para que vexades como se fai... 

http://www.porqueyologuiso.com/receta/tarta-pez/

Imos seguir facendo unha homenaxe a todas as MAMÁS, así que aquí vos deixo un contiño sobre as MAMÁS.

E veña, seguimos, que esta fin de semana temos moitos días, tamén traio outro experimento. Seguimos coa auga, nestes días descubriremos que non todos os líquidos teñen a mesma densidade.

Deixo o enlace para que vexades como se fai...ÁNIMO.

https://www.experimentoscientificos.es/experimentos-densidad/

 Como me encanta relacionalo todo, aquí tedes un conto do arco da vella e os bicos de mamá.

E para rematar, non podía faltar unha canción para cantar e bailar.

Coma sempre, me despido, cunha aperta que voa da profe Marta.

CASELÍN E AS SÚAS ADIVIÑAS

Xa temos resposta a adiviña que nos deixou Caselín, noraboa aos gañadores porque non era doada, había que rascar a cabeza como vos digo eu.

CALAMAR | Que es, que come, donde vive y especie de Calamar Gigante

LURA

CALAMAR

SQUID

 

E aquí, tedes unha nova, veña a seguir pensando...

 

NON PENSES NOUTRAS COUSAS 

QUE AS TES NO MAR 

OU AS VES CHEGAR FURIOSAS 

OU MANSAS HAN DE CHEGAR. 

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 

XUNTOS PODEMOS

Olaaa!! Bos días!!! Que tal? Como vos atopades? Seguro que para algún de vós onte foi un día diferente, despois de 40 días na casa saíu a tomar un chisquiño de aire fresco. De verdade, que tedes toda a miña admiración, sodes uns CAMPIÓNS. Noraboa.

Relacionado co tema de poder sair de casa tedes unha explicación moi clariña, na páxina de inicio da web, que elaborou a profe Lorena.

E xa o que vamos, comezamos unha semana máis, e o primeiro día da semana é o luns, e vós sabedes quenes veñen os luns a visitarnos, a profe YASMINA e o profe DANIEL,  así que a visitar a súa especialidade.

Nós os luns, na aula, sempre facemos un relato da nosa fin de semana, eu creo que hoxe imos comezar por ahí, porque seguro que onte moitos de vós fixestes algo diferente, dar un paseo, montar na bici, ir co patinete,...pois vos animo a que o debuxedes coma se estiveramos no cole. DEBUXO DA FIN DE SEMANA.

Como xa fixen o luns pasado, deixo tamén unha guía de distintas actividades que podedes levar a cabo na casa, xa sabedes son diferentes ideas para facer con material que temos na casa.

Deixo os PDFs en arquivos adxuntos.

E para cambiar un poco os retos, esta semana nos imos converter en científicos, xa de o noso amigo CASELÍN fala sempre do MAR, pois imos comezar por experimentar diferencias entre auga doce e auga salgada. Así que todos preparados, e aquí vos deixo o novo reto.

Nos arquivos adxuntos deixo unha folla de recollida de información, como se de grandes científicos se tratara e tamén un enlace por si queredes ler o procedemento:

https://www.sortirambnens.com/es/que-hacemos-en-casa/juegos-para-ninos/experimentos-infantiles/experimento-agua-dulce-agua-salada/

E non pode faltar o noso conto, hoxe relacionado co mar e coa amizade, espero que vos guste.

E tamén, como non, unha canción para cantar e bailar, veña a mover o esquelete.

Unha aperta que voa da profe Marta.

E O VENRES XA ESTÁ AQUÍ

Bos días cativas e cativos, que tal? como estades? Eu ben, con moitas ganas de estar de volta na nosa escola, pero como ainda non podemos, aquí sigo deixando algunhas cousiñas moi divertidas para que fagades na casa.

Hoxe estamos a venres, e os venres nos visita a profe Soraya e a súa inseparapable amiga Felisa, xa sabedes, ir visitala a súa especialidade, que seguro, seguro, ten actividades moi interesante. E ela sabe, que na escola de Barreiro hai grandes músicos.

O reto que vos plantexo hoxe ten que ver coa semana na que estamos,  A SEMANA DO DÍA DO LIBRO. Como eu sei que sodes grandes contadores de historias, hai vai a miña proposta...

Coñecéndoos, seguro que creades historias fantásticas. Dicirlle as vosas familias que tamén inventen algún con vós.

Relacionado cos contos vouvos deixar aquí outra forma de contar contos, espero que vos guste e unha compañía de títeres moi especial, TARABELOS, TÍTERES E CONTACONTOS.

En arquivos adxuntos vou deixar hoxe unha serie de material para os que queiran imprimir, está feito pensando nas características da aula, se o levades a cabo, que o fagan con calma, non se trata de que se senten a facelo como sen non houbera un mañá. 

 E para despedirme unha canción sobre onde nos poden levar os libros e a nosa imaxinación.

Unha aperta que voa da profe Marta.

CHEIRA A PRIMAVERA

Aquí deixo algunhas das vosas fotos cos retos de primavera, xa me chega o rezumo das flores.

Distribuir contido

Back to top