Barreiro

ENTROIDO... EN MARCHA

      

 

PARA PRACTICAR

Capítulo 2. O podcast continúa

Presentámosvos unha nova entrega do noso podcast. Co tempo de nadal chega o "Capítulo 2: Papá Noel, os Reis Magos e o telescopio para vixiar aos nenos bos" unha reflexión sobre os misterios do Nadal, as súas personaxes e o seu sistema para decidir quen leva agasallos e quen non. Desfrutádeo!

 

Facemos radio: de conversas a podcast

Somos faladeiros, temos ideas divertidas, discutimos, intentamos deixarnos falar, ... así somos na nosa aula. Moitas veces á profe lle encantaría ter un altofalante para que puidesedes escoitar as nosas conversas e de aí nace esta idea. 

Pasen e escoiten é unha aproximación ao mundo do podcast. Neste primeiro capítulo, barrigas e cigoñas recolle unha simpática conversa de aula na que cada quen ofrece as súas ideas ao respecto da gran cuestión "de onde veñen os bebés?". Mellor que explicalo... será escoitalo!

 

Para colaborar tedes o correo electrónico: anabelenperezmartinez@edu.xunta.es

Nota:  Hai voces que soan moito e outras que se manteñen na sombra. O feito de escoitarse causa algo de sorpresa e tamén dá un pouquiño de susto. Seguro que capítulo a capítulo iremos gañando confianza.

SAMAÍN

O SAMAÍN É TEMPO DE SUSTOS E DISFRACES PERO, NO BARREIRO,TAMÉN É... TEMPO DE VÍDEO!

NON TEMADES! A NOSA PANTASMA DA POUCO MEDO. SEMELLA QUE NON SÓ AS NENAS E OS NENOS SE POÑEN ENFERMOS... 

 

 

OUTUBRO, MES DO SAMAÍN

O mes de outubro remata cunha festa de grande interese para nós xa que combina os disfraces, a música, a ledicia e tamén os pequenos sustos. Atopámonos traballando os contidos habituais pero dunha forma moito máis vistosa aínda que tamén poderiamos dicir asquerosa, horrorosa ou pavorosa. Estamos sumando facendo "potingues", intentando ler ou escribir con personaxes que nos dan susto ou para meter os ingredientes axeitados na pota. Estes son os nosos talleres, botádelle unha ollada!

UN NOVO COMEZO

SETEMBRO É...

UN MES DE COMEZOS, DE REGRESOS, DE CAMBIOS, DE MEDOS, DE RISAS, DE XOGOS, DE NOVAS AMIZADES, ... ASÍ COMEZA UN NOVO CURSO NO QUE, ACOMPAÑADOS POR PANDI, NOS ACHEGAREMOS AO MUNDO DOS DEBUXOS ANIMADOS COMO MEDIO PARA DESCUBRIR E APRENDER PERO, SOBRE TODO, COMO FIN.

POR QUÉ NON SER NÓS OS CREADORES?

FIN DE CURSO

¿QUEREDES SABER O PASADO MÉRCORES NA NOSA ESCOLA?

PREMEDE NA FOTO E ATOPAREDES UN RESUMO... BENVIDOS Á FEIRA DO BARREIRO!

DESPEDIDA

PARECE QUE FOI ONTE CANDO 2 RAPACIÑAS MOI MIÚDAS E UN RAPACIÑO MOI TÍMIDO ENTRARON POLA PORTA DA ESCOLA, CON MASCARILLA, CON ALGUNHA BÁGOA PERO, SOBRE TODO, CON MOITAS GANAS DE FACER, DE VIVIR, DE COMPARTIR E DE APRENDER.

AGORA, 3 ANOS DESPOIS, SÓ PODO DICIR QUE FOMOS OS DEMAIS OS QUE FIXEMOS, A PARTIR DAS SÚAS IDEAS; VIVIMOS, A PARTIR DAS SÚAS PROPOSTAS E ACHEGAS; RECIBIMOS CARIÑO, APERTAS E BICOS E APRENDIMOS CON ELES E DELES.

FOI UN LUXO VIVIR CON VÓS ESTE PASO POLA EDUCACIÓN INFANTIL E TAMÉN COAS VOSAS FAMILIAS.

MOITA SORTE NA PRÓXIMA ETAPA E AO LONGO DA VOSA VIDA!

AS PORTAS DO BARREIRO ESTARÁN SEMPRE ABERTAS PARA VÓS: AINA, BLANCA E XOÁN! 

VISITAMOS O MUSEO

 

O XOVES FOI UN DÍA IMPORTANTE PARA A AULA. DESPOIS DE TER TRABALLADO MOITO NAS NOSAS OBRAS PODERÍAMOS IR VISITALAS E, POR SUPOSTO, PODERÍAMOS VER AS DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. CON MOITA ILUSIÓN ACHEGÁMONOS Á BIBLIOTECA E DESFRUTAMOS DA NOSA VISITA Á SALA DE LIBROS INFANTÍS, DO PERCORRIDO POLAS DIFERENTES SALAS PERO, SOBRE TODO, DO TEMPO PARA OBSERVAR AS DIFERENTES OBRAS QUE SE RECOLLÍAN NA SALA DE EXPOSICIÓNS. 

 

 

PRIMAVERA

"PRIMAVERA"

Distribuir contido

Back to top