Expositor 25 N

PINCHAR AQUÍ PARA VER VÍDEO

O CEIP de Ardán sumámonos ao 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, REXEITANDO A VIOLENCIA DE XÉNERO  E BERRANDO BEN ALTO : BASTA XA!!

Cada día esforzámonos no colexio por coeducar ao noso alumnado  na IGUALDADE E NO RESPECTO para  conciencialos da importancia  de rexeitar calquera acto violento.

Ao longo desta semana fixemos actividades, adaptadas a súa idade, para sensibilizalos sobre esta realidade e lacra social . 

Entre elas:

-A gravación do vídeo "La puerta violeta", estivemos todo o colexio preparándoo para que no día de hoxe o visualicemos no colexio. 

-A mascota Borli, avisou as nosas nenas e nenos da colocación na entrada do colexio do " Expositor  25N"  no que se seleccionaron  contos  que tratan fundamentalmente o  tema da igualdade, así que no día de hoxe faremos lecturas na Biblioteca Illa de Borli destes. 

-Tamén realizouse un mural na biblioteca cun "Fondo mariño moi violeta" e hoxe  faremos un  coas súas mans  pintadas  de violeta  co lema:

                “NON a violencia no CEIP de Ardán". 

-Desde o Concello de Marín fixo entrega duns bolígrafos para todo o alumnado e dunha "caixa da igualdade , cunha selección de libros sobre igualdade  e propostas de actividades  para traballar nas aulas.  

 

 

 

 

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031