Centros adheridos ás iniciativas "Voluntariado de lectura-A" (primaria) e "Voluntariado na Biblioteca Escolar" (secundaria), do programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Curso 2020/21

Mér, 16/12/2020 - 14:19
bes

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos fixo pública con data 16 de novembro de 2020 a convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2020/21, unha iniciativa que se leva a cabo en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da consellería de Política Social. Fanse públicas as relacións de centros que se adhiren a dúas das accións incluídas neste programa:

  • Voluntariado de lectura-A, destinada a alumnado de 5º e 6º de primaria. Adhírense un total de 62 centros públicos.
  • Voluntariado na Biblioteca Escolar, destinada a alumnado de secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de rexime especial. Adhírense un total de 80 centros.