Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Convocatoria do programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS para o curso 2020-2021

Lun, 16/11/2020 - 13:39
bes
bibliotecas escolares

Achégase arquivo coa Resolución de 16 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2020/2021. Esta iniciativa, que se leva a cabo coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, contempla tres posibles actuacións que se resumen no seguinte cadro, no que se detallen, así mesmo, as datas de presentación de solicitude en cada caso.

 

 

 

Iniciativa

Finalidade

Características

1   Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria” Recoñecer bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar.
  • Convocatoria anual.
  • Presentación de memorias por parte dos centros interesados: 10 de maio de 2021.
  • Concesión dos selos (un máximo de 15 selos por curso escolar)
  • As candidaturas deberán responder aos obxectivos da Axenda 2030 da ONU de desenvolvemento sustentable.
2 Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes.

Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial.

  • As bibliotecas escolares deberán adherirse ao programa no momento que se estipule e levar rexistro das actividades do alumnado (data límite: 09/12/2020).
  • Remitir datos alumnado (data límite: 28/05/2021)
3 Voluntariado de lectura – A

(Primaria)

Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura entre o alumnado de 5º e 6º de primaria.
  • Inscrición con data límite 09/12/2020
  • Os centros inscritos presentarán memoria de actividades (data límite 27/04/2021).
  • Seleccionaranse un mínimo de 10 experiencias. Concreción en convocatoria complementaria (febreiro 2021)