MES DA CIENCIA.
A ciencia forma parte das nosas vidas. Entender o mundo, explicar os cambios que nos rodean: o tempo, a transformación da contorna… indudablemente vivimos rodeados de ciencia.
O mes de novembro e da ciencia invítanos a reflexionar sobre a importancia da ciencia; de ser curiosos e investigar porque o saber sempre nos servirá. Abordamos o mes da ciencia dende varios ámbitos:
1.- Na biblio creamos o recunho dos libros dos experimentos e os biblioaxudantes axudaron a colocar e a rotular etiquetas informativas co material de consulta que podemos atopar nela.
2.- Achegámonos a ciencia da micoloxia coa participación das familias, e neste caso Silvia, a mamá de Dani que a acompañou, saíron ao monte para ofrecernos unha pequena ruta micolóxica a través de vídeo, para podelo compartir dende as aulas, sen mezclar alumnado, e garantindo as medidas de prevención e protección da saúde a que estamos sometidos por mor da COVID-19.
Mil grazas Silvia, por achegarnos este fermoso agasallo por doble partida: as sorpresas coas que xenerosamente nos agasalla o monte, e polo tanto a importancia de ser respetuosos con él e coidalo e por axudarnos a coñecer mellor o mundo da micoloxia compartindo cos demáis os teus coñecementos. Tamén é verdade que hai que estar moi atentos, algúns cogomelos non son comestibles e poden ser moi perigosos. Para saber mais achégate aos vídeos de Silvia e o seu axudante Dani.
Ruta micolóxica con Dani e Silvia 1.
Ruta micolóxica con Dani e Silvia 2.
E se queredes saber da clasificación dos grandes reinos e un deles, o dos fungos aquí tedes tamén o resultado do traballo do alumnado de 6º. Este ano non o compartiron cos máis pequenos como outros cursos, por mor das normas da COVID-19 pero está exposto no corredor para compartir o seu traballo e a información cos demáis e neste esquema.
3.- Realizamos experimentos: Se algo lles gusta aos nenos e nenas e argallar, experimentar….así que, o momento é o ideal para convertilos en científicos e descubridores e que nos conten….Condicionados pola COVID-19, sen poder compartir xuntos, como outros cursos, fixemos experimentos nas aulas para compartilos logo cos demáis compañeiros a través desta páxina web e tamén con todos os que a visitedes.
Seguiremos a equipar a biblioteca con material que nos achegue aos múltiples campos da ciencia, seguiremos despertando no alumnado a curiosidade, fomentando preguntas, alentando a búsqueda das respostas…. Na ciencia está moitas veces a solución se a descubrimos, agora mesmo a Ciencia, o saber humano acaba de porlle un freno á pandemia da COVID-19 co descubrimento da vacina.
REXEITAMOS A VIOLENCIA!
Na semana do 25 de novembro incidimos na sensibilización e involucración para erradicar esta lacra social,a violencia de xénero. Conscientes de que a educación desempeña un papel importante, preparamos diversas actividades que promovan a reflexión do alumnado acerca deste tema ou calquer tipo de violencia.
Varias foron as propostas en torno ás que traballamos:
A biblioteca xoga un papel fundamental neste campo achegando historias e diversos materias e ferramentas para promover distintas actividades comezando por crear o recuncho de contos con esta temática.
Dende o departamento de Orientación realizouse unha selección de cortos en torno a esta temática, así como a necesidade igualdade e de respecto entre as persoas para traballar nas aulas durante esa semana na hora de ler.
Infantil viron: “Super Lola, a heroína que maís mola”, “Lalo, o príncipe rosa”, “a boneca que elixiu conducir”. Despois crearon as súas reflexións.
1º e 2º viron: “Super Lola, a heroínana que mais mola” “Lalo, o príncipe rosa”, “O amor une ás persoas”. Despois reflexionaron sobre eles. O venres, no obradoiro de linguas, traballaron coa historia de “Super Lola”. describírona e crearon os seus propios héroes e heroínas.
3º e 4º: viron e traballaron con “Mariquita e Orlandito”, “Ceniciento” "A boneca que elixiu conducir"
5º e 6º: viron e traballaron con: “Artur e Clementina”, “Ceniciento” “A boneca que elixiu conducir”. Despois de cada curto analizase e realizan as súas reflexións. Crearon os seus lemas de rexeitamento da violencia.
Os biblioaxudantes, despois de ver o corto de Artur e Clementina e dado que temos o conto na biblioteca decidiron contalo para toda a comunidade educativa a través dun vídeo conto.
E despois realizamos unha reflexión conxunta que cada un personalizou. Podedes ver as imaxes AQUI
O mércores 25 de novembro recibiron a visita de persoal do concello: o Sr. Alcalde, concelleiros e persoal de servizos sociais. Esta conmemoración solía facerse conxunta na Casa da cultura do Concello e no parque, así que dada a situación de pandemia este curso, invertiuse. Visitaron as aulas, para non mezclar o alumnado e despois de animalos a traballar sempre a prol da igualdade e no respeto ás persoas para que desapareza a violencia de xénero no futuro, regaláronlles a cada nenx un xogo dos Bolechas acerca da igualdade, ambientado no noso concello para xogar en familia.
Clubs de lectura: Durante este mes promoveuse a lectura de libros en torno a esta temática, lendo nos grupos un de forma colectiva por aulas para traballar sobre él nos clubs de lectura de 3º e 4º e 5º e 6º.
Infantil leron: "Maruxa" de Eva Mejuto.
1º e 2º: leron "Orellas de Bolboreta"
3º e 4º leron “Xela volveuse vampira” de Fina Casal de Rey.
5º e 6º leron: “A lagoa das nenas mudas” de Fina Casalderrey e “O único que queda é o amor” de Agustín Fernández Paz.
Seguiremos camiñando sen permanecer pasivos ante situacións de violencia inda que non vaia con nós. Seguiremos tendendo pontes para que o futuro sexa cada día máis claro, sen violencia. Se camiñamos da man da xustiza, do respeto, da igualdade….seguro que o futuro mañá, nas mans dos que son nenxs hoxe, será inclusivo, creativo, respetuoso, diverso, constructivo…
SAMAÍN E HALLOWN NO CEIP DA POBRA DO BROLLÓN
Un chisco tarde, pero como a celebración está feita, dende o 30 de outubro, aquí está a reportaxe. Coa chegada do Samaín saen dos andéis da biblio as lecturas e contos de medo, coñecemos historias e escritores de medo da man da biblio e tamén das nosas familias!
Este curso todo é distintos, así que o de compartir contos de medo coas familias na biblioteca todxs xuntos, como viñamos facendo os cursos anteriores, ou a exposición de cabazas, non se puideron facer pero buscamos alternativas.
As familias aportaron as súas historias de medo a través de vídeos ou audios que logo compartimos nas aulas, na hora de ler, o venres 30, por certo, contadas xenialmente. Moitas grazas pola vosa participación e bo traballo. Disfrutamos ilusionados cos contos de medo e é que non éra para menos, e senon aquí os tedes.
Lidia e Martín, os papá de Emma e Martín, Contáronnos unha historia que ten moito de realidade, pois está basada en feitos da postguerra civil.
Conto de Lidia e Martín: Contos da avoa Pepa
Eva, a madriña de Marina, contonos unha intrigante historia de medo, a través dun audio que nos mantivo en vilo.
Conto de Eva, madriña de Marina
María e Iago, os papás de Enzo, contáronnos unha historia terrorífica tan ben ambientada que xa de por sí austaba.
Silvia, a mamá de Antia tamén nos contou unha historia entre simpática e de medo….quen non lle ten medo ao lobo e sobre todo se o conto se titula: voy a comedte!
Marisa, a nai de Lola e Diana contounos o seu intrigante conto de medo cheo de suspense...
No cole celebramos o Samaín emparentado con Hallowen dende a materia de inglés. Así que a aula de inglés e ata a profe nalgunhas clases, ambientáronse coa temática de Samaín. Non pudieron disfrazarse como de costumen xs nenxs de 5º e 6º pero tiveron un conto en inglés.
E o alumnado tamén seguiu facendo as súas cabazas en familia, como cada ano!. En vez de chegar a cabaza ao cole chegou unha imaxe da cabaza, que logo imprimimos e coas que adornamos a parede da escaleira da entrada. Así que, de novo grazas familias pola voas colaboración, porque entre todxs celebramos o Samaín.
Aqui podedes disfrutar das imaxes das cabazas e aquí dun vídeo resumo.
Pero como cada ano, Óscar e Ana tamén nos sorprenderon no comedor! E a comida facía honra ao samáin.
De primeiro comemos crema de Cabaciña con decoración, e de segundo!: no prato había a figura dun esqueleto, nada máis nin nada menos que coas tripas!! Era costela asada con salchichas e tomate! E de postre non podían faltar as chuches de Samaín!
Seguiremos camiñando, buscando as mans de todxs para facer o camiño máis seguro nestes tempos difíciles.
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
A convivencia diaria na escola, as conmemoracións, vense fortemente alteradas pola ameaza da COVID-19. Nada é igual:distanciamento social, non compartir material… e temos que prescindir de actividades nas que compartíamos todxs xuntos experiencias enriquecedoras e buscar, no seu lugar, alternativas para convivir, dende o distanciamento social na nosa escola, para perder o menos posible, buscando alternativas que nos permitan disfrutar dos recursos cos que contamos.
Conmemoramos o día da biblioteca con retraso, o xoves 29 de outubro, pois este curso todo está a ser máis difícil, pero o importante e ir superando os atrancos e acadar logros.
Este curso estreamos un novo espazo para a biblio. Así que no mes de setembro, e outubro, os biblioaxudantes, comezaron o seu traballo, e, despois dunha xornada de formación do como se organizan os fondos da biblioteca e a catalogación de Meiga colaboraron co profesorado e fomos compaxinando as tarefas escolares cos protocolos e co traballo de rematar de colocar a biblio. O traslado gordo, para o que contamos con persoal do concello e o profesorado fíxose no mes de xullo.
Diseñamos espazos, a distribución dos andéis, colocamos os fondos….e a biblioteca tomou forma de novo por fin!
Inda que quedan moitos detalles que iremos completando pouco a pouco a biblioteca está preparada para ser usada, eso sí, con protocolo, para coidarnos todxs incluídos os fondos. os biblioaxudantes crearon un protocolo divulgativo de uso da biblio:
“Usa a biblio con sentidiño”.
Achégamonos aos contos da biblio, pois inda que a biblioteca é moito máis ca o lugar donde se atopan os contos, a súa maxia está moi presente na relación coa biblioteca no noso alumnado. Cada curso elixiu un conto e preparouno para contar aos demáis a través de medios audiovisuais. Deste xeito seguimos compartindo sen mezclarnos, dende os grupos de convivencia estables. Podédelos ver :
Infantil preparou “A mosca chosca”
1º e 2º preparou o conto: “A qué sabe a lúa”?
3º e 4º crearon e prepararon: “Momento, Comelibros”
Quinto e sexto prepararon o conto: “Fina, a pirata”
Vimos os contos o xoves, 29 de outubro cada grupo por separado, pero deste xeito compartimos o traballo de todxs.
démoslle vida tamén a libros sacados do expurgo para tirar. Nas sesións de plástica decoraron as follas do libro que agora adornan a parede do corredor da biblio. é fermoso dar vida a algo que xa non serve. Cada neno tén agora a súa páxina salvada cunha nova creación plástica na que se conxuga a imaxe e a palabra.
Tamén recibimos un marcapáxinas creado a través do colectivo Lemos Le, que tamén suspendeu moitas actividades que viñan sentando tradición como unha comida conmemorativa o día da Biblioteca Escolar e os certames unha muller para o 8 de marzo. Este ano, está adicado, con actividades distintas, á historiadora monfortina Margarita Otero, que creou o texto para o marcapáxinas.
Recibirán os carnets de usuarios da biblioteca, e unha insignia da conmemoración deste día creada coa impresora 3D.
E seguiremos camiñando e buscando estratexias e alternativas para que a biblioteca siga formando parte das nosas vidas, sexa o espazo no que xurden e medran soños, proxectos, ilusións... o lugar no que creamos, viaxamos, construímos aprendizaxes de forma distinta a como viñamos facendo. Buscaremos novos camiños... pero da man da biblioteca.
UNHA VISITA ESTUPENDA: OS BOLECHAS!
O venres 9 de outubro visitounos Rubén dos Bolechas. A actividade realizouse na biblioteca, dirixida ao alumnado de 1º e 2º que acolleron esta actividade encantadxs!
Adiantámoslle que ían ter unha sorpresa....e vaia se a foi.
Primeiro faloulles a través dun vídeo do importante que é contar cun servizo como o 112, que nos axuda en momentos de emerxencia, pero tamén é moi importante saber usalo e facelo axeitadamente.
Explicoulles como temos que actuar ante unha emerxencia, como funiconan as líneas, e os datos que temos que dar...e sobre todo usar esta líña só cando temos unha emerxencia para non ocupala, e menos gastar bromas....poida que mentras nós ocupamos a liña outras persoas a precisen de verdade...
Despois cantounos un rap e apareceu nun teatrillo un bolecha que foi xogando con nós e repasando o que viran no vídeo.
Remataron encantados pois deunos un lote de contos con dous para cada un....nos que poderemos seguir coñecendo o uso responsable deste servizo. Quedaron en cuarentena todo o fin de semana.
Así con rap, vídeo e representacións teatrais os Bolechas contáronnos cando e en que situacións se debe chamar ao 112, os datos que hai que dar e o respeto co que hai que usar este servizo para que cando o necesitemao nos poida axudar.
Unha xornada estupenda na que comezou a dar pasiños de dinamización da lectura a biblioteca.
LETRAS GALEGAS 2020
QUERES COÑECER MELLOR A RICARDO CARVALHO CALERO?
Dende as nosas casas, co corazón posto nas nosas letras, chegamos a unha data entrañable para os galegos, o 17 de maio. Unha celebración posposta, pero que non se nos escapa a ninguén, así que recopilamos recursos para que o noso alumnado, as familias, ou tí vos acheguedes a coñecer este gran galego ao que se lle adican este ano as Letras Galegas: RICARDO CARVALHO CALERO.
Aqui atoparás algúns recursos:
Carteis coa biografía e obra para primaria do centro gañador deste ano CEIP Xesús San Luis Romero de Carballo Coruña.Son os carteis que cada curso se reciben no centro e expoñemos no colexio.
Aquí atoparás Actividades e xogos.
Unidade Didáctica Carvalho Calero para primaria
Un conto para os máis pequenos