Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2020/2021

 

 

Portal Educativo vén de publicar hoxe a Resolución de 16 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2020/2021. Esta iniciativa lévase a cabo coa colaboración da Dirección Xeral de Xuevntude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social.
O seguinte cadro resume o contido do programa e as datas claves para cada unha das modalidades:
   Iniciativa  Finalidade  Características
 1  Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria”  Recoñecer bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar
  • Convocatoria anual
  • Presentación de memorias por parte dos centros interesados: 10 de maio de 2021.
  • Concesión dos selos (un máximo de 15 selos por curso escolar)
  • As candidaturas deberán responder aos obxectivos da Axenda 2030 da ONU de desenvolvemento sustentable.
2   Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria)

Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes.

Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial. 

  • As bibliotecas escolares deberán adherirse ao programa no momento que se estipule e levar rexistro das actividades do alumnado (data límite: 09/12/2020).
  • Remitir datos alumnado (data límite: 28/05/2021)
   
 3

Voluntariado de

lectura - A (Primaria)

 Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura entre o alumnado de 5º e 6º de primaria.
  •  Inscrición con data límite 09/12/2020
  • Os centros inscritos presentarán memoria de actividades (data límite 27/04/2021).
  • Seleccionaranse un mínimo de 10 experiencias. Concreción en convocatoria complementaria (febreiro 2021)