MES DA CIENCIA.
A ciencia forma parte das nosas vidas. Entender o mundo, explicar os cambios que nos rodean: o tempo, a transformación da contorna… indudablemente vivimos rodeados de ciencia.
O mes de novembro e da ciencia invítanos a reflexionar sobre a importancia da ciencia; de ser curiosos e investigar porque o saber sempre nos servirá. Abordamos o mes da ciencia dende varios ámbitos:
1.- Na biblio creamos o recunho dos libros dos experimentos e os biblioaxudantes axudaron a colocar e a rotular etiquetas informativas co material de consulta que podemos atopar nela.
2.- Achegámonos a ciencia da micoloxia coa participación das familias, e neste caso Silvia, a mamá de Dani que a acompañou, saíron ao monte para ofrecernos unha pequena ruta micolóxica a través de vídeo, para podelo compartir dende as aulas, sen mezclar alumnado, e garantindo as medidas de prevención e protección da saúde a que estamos sometidos por mor da COVID-19.
Mil grazas Silvia, por achegarnos este fermoso agasallo por doble partida: as sorpresas coas que xenerosamente nos agasalla o monte, e polo tanto a importancia de ser respetuosos con él e coidalo e por axudarnos a coñecer mellor o mundo da micoloxia compartindo cos demáis os teus coñecementos. Tamén é verdade que hai que estar moi atentos, algúns cogomelos non son comestibles e poden ser moi perigosos. Para saber mais achégate aos vídeos de Silvia e o seu axudante Dani.
Ruta micolóxica con Dani e Silvia 1.
Ruta micolóxica con Dani e Silvia 2.
E se queredes saber da clasificación dos grandes reinos e un deles, o dos fungos aquí tedes tamén o resultado do traballo do alumnado de 6º. Este ano non o compartiron cos máis pequenos como outros cursos, por mor das normas da COVID-19 pero está exposto no corredor para compartir o seu traballo e a información cos demáis e neste esquema.
3.- Realizamos experimentos: Se algo lles gusta aos nenos e nenas e argallar, experimentar….así que, o momento é o ideal para convertilos en científicos e descubridores e que nos conten….Condicionados pola COVID-19, sen poder compartir xuntos, como outros cursos, fixemos experimentos nas aulas para compartilos logo cos demáis compañeiros a través desta páxina web e tamén con todos os que a visitedes.
Seguiremos a equipar a biblioteca con material que nos achegue aos múltiples campos da ciencia, seguiremos despertando no alumnado a curiosidade, fomentando preguntas, alentando a búsqueda das respostas…. Na ciencia está moitas veces a solución se a descubrimos, agora mesmo a Ciencia, o saber humano acaba de porlle un freno á pandemia da COVID-19 co descubrimento da vacina.