Skip to Content

PDC: Barraña Deportiva

PARTICIPANTES CAMPO A TRAVÉS PROGRAMA XOGADE. FASE COMARCAL.

EQUIPO CAMPO A TRAVES RIVEIRA 2019.jpg

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 4ºESO

   Do 12 ao 18 de xuño tivo lugar a tradicional excursión de fin de estudos de 4ºESO que este ano nos levou a terras italianas.

Visitando Roma e Florencia puidemos ver moitos museos (Museos Vaticanos, Museos Capitalinos, Museo Terme Di Diocleziano, Galeria Uffizi, Museo Ara Pacis, Catacumbas de San Calixto,....) e tamén apreciamos grandiosos monumentos históricos pero, sobre todo, disfrutamos convivindo todos xuntos.

Sen dúbida, andar polo mundo é das mellores formas de aprender e adquirir experiencias valiosas para a vida.

Agora toca gozar do verán.

roma florencia 4eso_1.jpg

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA- RESUMO DAS ACTIVIDADES #MAIONATURALNOBARRAÑA2019.

  Despedímonos deste #maionaturalnobarraña2019 encantados de promover os deportes de aventrura e en contacto ca natureza.

 Temos claro que ensinar e aprender pode ser algo divertido e enriquecedor para ámbolos dous lados.

 Sen dúbida estes días de aventuras e amizade serán vivencias que han perdurar no recordo.

Para o ano prometemos mais.

*Recordade que podedes seguir as actividades deportivas do insti nas redes sociais. barrañadeportiva ou barranadeportiva

 

ACTIVIDADE PARA 1º ESO: "XOGANDO CO MAR E O VENTO"

 

 

ACTIVIDADE PARA 2ºESO: MULTIAVENTURA 

AVENTURA 2019.jpg

 

ACTIVIDADE PARA 3º ESO: RAFTING NO RÍO MIÑO 

 

RAFTING 2019.jpg

 

ACTIVIDADE PARA 4º ESO: PADDLESURF E KAIAK DE MAR EN BARRAÑA.

 

 

PADEL KAYACK 2019_0.jpg

ACTIVIDADE PARA 1º BACHARELATO: INICIACIÓN AO SURF NA LADEIRA.

 

SURF 2019.jpg

 

 

barrañadeportiva logo_0.png

 

 

EQUIPO DO IES PRAIA BARRAÑA NA CARREIRA DE ORIENTACIÓN -FASE PROVINCIAL-

   O martes 9 de Abril celebrouse na Coruña a Fase Provincial de Orientación. Os integrantes do equipo IES PRAIA BARRAÑA previamente clasificados na Fase Comarcal fixeron un gran traballo representándonos con gañas e ilusión.

   Mención especial para o alumno Alejandro Valiño Rodríguez que co seu 4º posto conseguiu clasificarse para o Campionato Autónomico de Orientación.

equipo orientación provincial_0.jpg

CARREIRA DE ORIENTACIÓN, FASE COMARCAL- DEPORTE ESCOLAR XOGADE.

Algúns dos alumnos de 1º e 3º da ESO do IES PRAIA BARRAÑA participaron na "Fase Comarcal de Orientación" disputada no parque da Cachada do noso concello o pasado xoves 21 de Marzo.

Noelia Vilarnovo Suárez acadou o segundo posto na categoría Infantil Feminino, e Alejandro Valiño Rodríguez subiu ao primeiro posto na categoría Cadete Masculino.

Parabéns a todos os participantes por haber gozado dunha grata experiencia deportiva e por apostar por un estilo de vida activo e saudable. 

 

Equipo de Bádminton infantil do IES PRAIA BARRAÑA. Fase comarcal do programa XOGADE.

RecreActivos Deportivos

 

No Departamento de Educación Física neste curso comezamos cun novo proxecto para ofertar actividades físico-deportivas aos alumnos e profesores no tempo dos recreos.

Proximamente mostraremos os carteis das competicións deportivas que comenzarán a mediados de outubro.

Animádevos todos a participar e a levar unha vida o máis saudable posible.

Calza as tuas deportivas

Benvidos ao novo curso 2018-19. Fora pereza!!! En breve vos falaremos dos RecreActivos Deportivos e de todas a novidades que estamos a maquinar para esta nova tempada. Ti vaite preparando...

Distribuir contido


by Dr. Radut