Skip to Content

"The teenager investment fund - how to take care of de future"

O centro iniciou  no curso 2012-2013 un novo proxecto Comenius en Inglés onde participaron os alumnos/as de 3º ESO. Este proxecto continua durante o presente curso académico 2013-2014 co alumnado de 4º ESO.

 O proxecto Comenius leva por título "The teenager investment fund - how to take care of de future" ten como eixo  o sistema de orientación e como os adolescentes deben elixir os seus estudos futuros. Participan 8 países: Lituania, Polonia, Dinamarca, Italia, Bulgaria, Holanda, Turquía e España.  Varios profesores das materias de Historia, Inglés, Eduación Plástica e Visual, Bioloxía e Tecnoloxías realizaron diversas actividades cos alumnos/as enmarcadas no desenvolvemento de dito proxecto. Durante o pasado curso académico varios destes profesores e alumnos de 3º ESO viaxaron a Polonia, Turquía, e Dinamarca para desenvolver parte do traballo e intercambiar ideas e opinións. Todos os desprazamentos foron cualificados moi positivamente tanto por parte do alumnado coma do profesorado.  Tamén durante o  pasado mes de marzo se recibiron en Boiro a alumnado e o profesorado do proxecto procedentes dos diferentes países. Realizáronse varias excursións e actividades. Durante o presente curso realizouse un intercambio cun instituto italiano e na actualidade estase organizando a visita a Holanda. O proxecto que ten unha duración de dous cursos académicos rematará co presente curso académico 2013/2014.

 Alumnado e profesorado visitante no concello de Boiro, marzo 2013

Alumnado durante a visita a Copenhague, Maio 2013

Visita a Nápoles, Decembro de 2013



page | by Dr. Radut