Skip to Content

Euroscola: "Ano Europeo do desenvolvemento 2015"

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES "Praia Barraña" que cursa a materia TIC's está de novo inmerso na actual edición do certame Euroscola 2015.  Nesta ocasión o concurso está adicado ao Ano Europeo do Desenvolvemento 2015.

Centrados no lema do concurso- "O noso mundo, a nosa dignidade, o noso futuro"-  o alumnado propón levar a cabo unha iniciativa que pretenderá dar a coñecer os programas europeos de cooperación ao desenvolvemento e as estratexias europeas de loita contra a pobreza dentro e fóra da UE. Faráse así mesmo, un estudo de diveras ONGs que traballan na nosa comarca e realizaremos tamén unha actividade deportiva nas instalacións do noso instituto  para recadar fondos para algunha destas ONGs.

Dita iniciativa leva por título "Por un futuro máis xusto e sostible". Toda a información que se recabará, as entrevistas que se realizarán e o proxecto final que se levará a cabo para  esta iniciativa atóparase no seguinte blogue: desenvolvementoboiro

Dada a importancia do tema de estudo, dito proxecto pora en práctica a interdisciplinaridade e a colaboración entre varios departamentos do noso instituto. Enlace á nota de prensa.



page | by Dr. Radut