Skip to Content

21 DE DECEMBRO. XORNADA DE SOSTIBILIDADE

20/12/2018 08:42

Este é o programa para o 21 de decembro. Rematamos o ano cunha xornada adicada á SOSTIBILIDADE. Escoitar, pensar, falar, actuar. 

Despedimos o 2018 cos NOSOS MELLORES DESEXOS PARA O 2019! BO NADAL

 

2º BACHARELATO

Clase normal. En caso de que algún profesor/a decida non facer a sesión lectiva habitual, recoméndanse curtas documentais sobre a sostibilidade + debate.

CICLO

De 9:10h a 10:00h

Clase normal

De 10:00h

a 11:30h

Obradoiros segundo reparto entregado con outros grupos

 

Resto dos niveis

De 8:20h a 9:10h, clase normal

De 9:10h a 10:00h

1º ESO

1º ESO A

Curtas de sostibilidade + debate

aula

1º ESO B

Curtas de sostibilidade + debate

aula

1º ESO C

Obradoiro de galletas

salón de actos

1º ESO D

Papiroflexia

aula TIC 1

2º ESO

2º ESO A

Curtas de sostibilidade

aula

2º ESO B

Curtas de sostibilidade

aula

2º ESO C

Curtas de sostibilidade

aula

3º ESO

3º ESO A

 Curtas de sostibilidade + debate /decálogo

aula

3º ESO B

Obradoiro: un limpad

or ecolóxico

lab.  de Química

3º ESO C

Obradoiro: un limpador ecolóxico

Lab. de  Física

3º ESO D

Curtas de sostibilidade + debate / decálogo

aula

4º ESO

4º A+ bilin. de 4ºB

Obradoiro de Nadal de Adega

Aula 4ºA

4ºC + non bil. 4ºB

Curtas de sostibilidade + debate

biblioteca

1º BACHARELATO

1º BACH. A

Obradoiro: facemos xabón?

lab. de Bioloxía

1º BACH. B

Curtas de sostibilidade + debate

na aula

       

 

De 10:00h a 10:30

final de fútbol sala no polideportivo


De 10:30h a 11:25

 

1º ESO

1ºESO A+4ci.

Papiroflexia

aula TIC 1

1ºESO B+4ci.

Adornos de Nadal

aula

1º ESO C

Curtas de sostibilidade + debate

aula

1º ESO D

Curtas de sostibilidade + debate

aula

2º ESO

2º ESO A

Decálogo para un Nadal sostible

aula

2º ESO B

Decálogo para un Nadal sostible

aula

2º ESO C

Decálogo para un Nadal sostible

aula

3º ESO

3ºESOA+3 ci.

Obradoiro: un limpador ecolóxico

lab. de Química

3º ESO B

Curtas de sostibilidade + debate/decálogo

aula

3º ESO C

Curtas de sostibilidade + debate/decálogo

aula

3ºESO D+3ci.

Obradoiro: un limpador ecolóxico

lab. de Física

4º ESO

4º A+ bilin. de 4ºB

Curtas de sostibilidade + debate

biblioteca

4ºC + non bil. 4ºB+2 ci.

Obradoiro de Nadal de Adega

Aula 4º C

1º BACHARELATO

1º BACH. A+5ciclo

Obradoiro: facemos papel?

laboratorio de Bioloxía

1º BACH. B

Obradoiro: un botón, unha costura…

aula

           

11:30 entrega de notas nas aulas respectivas (titores/as). 

12:15, claustro.

 

EXPERIENCIA PIALE EN CANADÁ

14/12/2018

Paloma Labandeira, profesora do departamento de Tecnoloxía e responsable do curso de Tecnoloxía bilingüe, achéganos, dentro do plan de difusión, o que foi a súa experiencia no programa Piale en Canadá. Observemos para ver que podemos "importar" desta experiencia ben interesante!!!!

 

 

 

PIALE. Canadá. Unha entrevista. from SonCine on Vimeo.

Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras. PIALE. Canadá. Unha entrevista cun bo profesor de historia da nosa compañeira Paloma. Mesmos problemas, contextos parellos, quizais mellores solucións.
Grazas, Alexander Gibson.

3 de decembro: Día da disCapacidade

03/12/2018 20:54

O 3 de decembro celebramos o día da disCapacidade a través do GOALBALL, deporte específico para persoas con disCapacidade visual. O ciclo propuxolles xs alumnxs de 1º ESO, iniciarse neste deporte paralímpico. Non hai mellor cousa que poñerse no pel de outra persoa e coñecer as dificultades que teñen e como se desenvolven no deporte, e no día a día. 

Tendes mais fotos na páxina de facebook do ciclo.

    

 

PRIMEIRO ENCONTRO EN XOGADE

28/11/2018

 

 

O pasado Venres 23 de Novembro desprazáronse a Noia un total de 55 deportistas de 1º, 2º e 3º de ESO para competir na proba de Campo a Través nas diferentes categorías. As primeiras en tomar a saída foron as rapazas do equipo Infantil feminino, ás 11.45, acadando un 5º posto na súa categoría. Tras elas tocoulles aos Infantís masculinos, quedando no posto 11 por equipos. A continuación a representación do equipo Cadete Feminino fixo unha excelente carreira, acadando o 2º posto por equipos e a nivel Individual Xiana Filgueiras quedou en 3ª posición. Por último, competiu o equipo Cadete Masculino acadando un traballado 2º posto por equipos, e a nivel individual Alejandro Vázquez chegou en 3ª posición e Rafael Sampedro nunha meritoria 5º praza.

  

Equipo cadete feminino e Alejandro Vázquez competindo

No centro estabamos manifestándonos en contra da Violencia de Xénero, pero esta protesta tamén se levou a Xogade. Ben sabemos da discriminación e o machismo que aínda se vive no ámbito do deporte. Reflexionar e tentar mudar esta realidade forma parte tamén do día a día da educación. Dende o IES de Porto do Son queremos ter voz e actuar!

 

    

A seguinte carreira, xa clasificatoria para a seguinte fase, será no parque do Loreto (Porto do Son) o vindeiro Mércores 19 de Decembro.

Noraboa a tódolos/as participantes polo seu esforzo e comportamento!!!

Moito ánimo e pronta recuperación aos lesionados/as.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. LIBRE!!!

23/11/2018

Escoitádenos LIBRES.

O berro nunca é suficiente.

A violencia de xénero aparece cada día nas vidas das mulleres, das mozas, das nenas.

Miradas que nos ven como obxectos. Obxectos para seren posuídos, agredidos, violados, asasinados. Miradas debedoras dunha longa sombra que vén do alén dos tempos. Opresoras. Primitivas. 

 

Por iso os berros nunca son suficientes. E "Debuxamos portas violetas"!!

 

O PROFESOR SUSO MONTERO FÁLANOS DA AULA MENTOR

23/11/2018

 

O profesor Suso Montero, docente do IES Campo de S. Alberto e administrador da Aula mentor de Noia, impartiu onte unha charla sobre  Aula Mentor ao alumnado do ciclo formativo Condución de Actividades Físco- Deportivas no Medio Natural.

Entre outros temas  explicou  como acceder a esa formación on-line, a oferta formativa clasificada por familias profesionais, centrándose nos que tiñan máis relación co perfil do alumnado destes estudos, o certificado ofical que  expide o Minsiterio de Educación e a Xunta de Galicia, o proceso de matriculación, o horario da aula e os datos de contacto no IES Campo de San Alberto.

Tamén se referiu aos cursos para profesorado recoñecidos pola Xunta a nivel de méritos (concursos de traslados, trienios, etc). Rematou, animando aos alumnos e alumnas a que complementaran a súa formación con estas ensinanzas non regradas. 

 

"CONTAMOS TODAS", CON TROPA DE TRAPO

23/11/2018

CONTAMOS TODAS é unha das actividades promovidas polo Fondo Galego de Cooperación que desenvolvemos no centro nesta semana no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero en colaboración coa colaboración das áreas de Educación e Xuventude do Concello. O luns o alumnado de 1º de bacharelato asistiu a unha charla-debate con Pilar Díaz e Noemí Pedrós do Centro de Recuperación Integral de mulleres. Onte remataron os obradoiros de 3º ESO de Renacer, o alumnado de 4º de ESO, tivo moito que "contar" e "reflexionar con Tropa de Trapo.

Marta e Brais volveron ao centro. Cando veñen, tráennos as palabras, os contos, as miradas. E os seus silencios, que abren tempos para imaxinar. Imaxinar as avoas de Torneiro a termar dun soño, alí, no campo da escola unitaria baleira das voces dos nenos e as nenas, ollando para unha fileira de bicletas. Ou a Leymah Roberta Gbwee liderando un grupo de mulleres liberarianas que loitando, de forma non violenta, ata conseguir sentar os señores da guera na mesa dos acordos pola paz. Polos esforzos dese berro feminista Ellen Johson Sirlea acabaría sendo a presidenta de Liberia e a primeira muller presidenta en África. Recibiron o Premio Nobel da Paz no 2011

 

Os nosos mozos e mozas, e tamén os da asociación Ámbar que onte nos acompañaron, pensaron, falaron, discutiron sobre micro e macro machismos, sobre as formas de violencia contra a muller. Repensaron o mundo no que viven. Seguro que han de melloralo. 

Alí, dende a parede do salón, unha muller espida observa e sorrí.

 

"TEMPESTADES" CON RICARDO FRAZER. TEATRO PARA OS CLÁSICOS

20/11/2018

Esta mañá alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, nunha actividade organizada polo departamento de Lingua Castelá, achegouse á Casa de Cultura de Porto do Son para asistir á representación do espectáculo Tempestades, de Ricardo Frazer. Podedes ler máis na entrada do blog da biblioteca

O CRI CONCIENCIANDO SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

20/11/2018

  

Onte pola tarde, Pilar Díaz e Noemí Pedrós, do Centro de Recuperación Integral para vítimas de violencia machista (CRI) estivo co alumnado do centro traballando o tema da violencia de xénero, no marco do 25 de novembro, data de conmemoración e concienciación deste grave problema social que semella ternos acorados en tempos de involución da humanidade. Esta actividade foi promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración cos Servizos Sociais do Concello e do Departamento de Orientación e insírese no Plan de Acción Titorial. 

Que sucede cando os mozos e mozas, cando calquera de nós se deixa levar polo grupo, por un "lider", polo "socialmente habitual"? 

Cal foi o papel da muller na historia? Cando acadamos o dereito a votar, o acceso ao emprego e á independencia económica, o dereito á propiedade, o dereito a viaxar soa? Por que entre 1944 e 1963 o adulterio da muller podía atenuar ou mesmo xustificar o asasinato a mans do seu marido? 

Cales son as raíces tan fondas dos medos da muller? Por que a falta de respaldo legal e protección efectiva? 

Que causas levan a datas como estas...? (datos de Feminicidio.net)

MAGOSTO, NOVEMBRO 2018!

20/11/2018

Parecía que a chuvia non quería que fixésemos o magosto. Persistente, fíxonos mudar as datas ata que, o venres pasado, o sol quentou con forza para acompañar as castañas e a paella de outono (que vén sendo xa unha tradición: cogumelos, verduriñas...) tan ben preparada por Antón e por Rosi. E tamén xogamos!!! As mozas e o mozos do ciclo e de Antropoloxía foron uns magníficos animadores! Xa que andamos na concienciación da necesidade de comprometernos coa sostibilidade, a carón das castañas estiveron o tres en raia, a goma, a corda, os trompos, a petanca, os aros, a chave... Ata bailamos!!! Por riba, quedou o patio ben limpo! Grazas a todos e todas por un día tan gorentoso e agradable! 

Van algunhas imaxes mentres preparamos o vídeoSorriso

  

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut