Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Outubro 23, 2017

O alumnado de 1º ESO sairá a facer un roteiro desde o IES ata a ponte de Cans.

Coñecer o entorno é coñecernos a nós mesmos.

Iniciamos o curso 2017-18, un ano máis, coa Ruta da Auga. Supón o inicio do traballo por proxectos en 1º de ESO, poñer os primeiros chanzos da convivencia desta nova xeración, crear conciencia de grupo, fomentar no alumnado o interese por coñecer o entorno e respectalo, transformar o concello de Porto do Son nunha aula, abrir as portas do centro a todo o que pode estimular o interese pola formación e transformar os mozos e mozas que pasan polo IES de Porto do Son nos seus mellores embaixadores. 

Foron guiados polos alumnos e alumnas do Ciclo de Condución de Grupos no Medio Natural. Unha primeira práctica para a maioría, e unha oportunidade de demostrar o aprendido para algúns deles. Teñen no propio centro unha recreación do que puideran ser os seus primeiros "clientes": 60 rapaces novos e os seus profesores! E FIXÉRONO MOI BEN! Podedes velo neste vídeo:

 

Venres Outubro 27, 2017
Start: 27/10/2017 19:13

O alumnado de 1º de ESO tivo esta semana unha lección especial de lingua castelá. Rocío, a nosa compañeira do departamento de Orientación, ensinoulles como comunicarse coas mans. Podedes ver a entrada no blog da biblio.

 

Martes Outubro 31, 2017
Start: 31/10/2017 12:00

APROBACIÓN DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Xa hai uns anos Fanfarra de soños estivo connosco para levarnos ao mundo do teatro na radio. Este ano traballaremos o tema interdisciplinar da COMUNICACIÓN e da súa man veñen xa os nosos primeiros pasos, grazas a esta actividade ofrecida dende a Área de Xuventude do Concello. No blog da biblioteca podedes ver máis imaxes deste obradoiro no que o alumnado creou a peza Unha noite de Samaín: 

UNHA NOITE DO SAMAÍN

Mércores Novembro 01, 2017
Xoves Novembro 02, 2017

Actividade do Ciclo. Samaín. De 18:30h a 24:00h 

Venres Novembro 03, 2017

O alumnado de 2º de ESO asistirá á XVIII Mostra de Curtas Vila de Noia no Coliseo Noela. De 10:50h a 13:10h. 

O alumnado de 4º de ES  visitará o museo das Minas de San Finx. Complementa a lectura da obra Febre, de Héctor Carré. Departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia. 

Domingo Novembro 05, 2017

Educación para a saúde, charlas da Asociación Farasa para 1º de ESO, 2º de ESO e 4º de ESO dentro do Plan de Acción Titorial.

Educación para a saúde, charlas da Asociación Faraxa para 1º de ESO, 2º de ESO e 4º de ESO dentro do Plan de Acción Titorial.

A biblioteca do centro celebra o Samaín sacando os fondos aos corredores, con curtas de medo e cun concurso de relatos de medo

 

Noia está estes días engalanada para recibir a sétima arte e nós asistimos o venres pasado como convidados á sección “Curta Cativa”, no Coliseo Noela. En colaboración con "Aldeas Infantís", que celebra este ano o seu 50 aniversario, proxectaron as curtametraxes DistintosVuelta al mundoPrincesa de hielo, e Pez, que se enmarcan dentro do programa  que permite levar a cabo a loita polos dereitos infantís “Yo también cuento”. Na mesma liña, The Box, que nos emocionou lembrándonos o problema dos nenos refuxiados que foxen da guerra de Siria. O alumnado de 2º de ESO disfrutou unha mañá de cine e valores. A saída insírese no tema interdisciplinar da Comunicación e ten especial interese para os mozos e mozas que cursan a materia de ITI, centrada neste nivel no tratamento da alfabetización audiovisual.

 

 

O alumnado de 4º de ESO visitou o venres pasado as minas de San Finx. Foi unha saída interdisciplinar organizada polos departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia que complementa o traballo realizado a partir da lectura da obra Febre, de Hector Carré, ambientada na zona de Noia e Lousame na época da "febre do wolframio". Os guías mostráronlles os diferentes espazos da zona, a sala do museo e déronlles unha charla sobre a historia da mina. Hai uns anos o autor estivera no centro e, daquela, o alumnado, que tamén se desprazara a Noia e á mina, fixéralle unha entrevista ao autor na nosa biblioteca. 

 

Martes Novembro 07, 2017

 

Onte pola mañá o alumnado de Artes Escénicas foi entrevistado na radio municipal. Falaron do proceso de creación da súa peza A noite de Samaín, creada con Fanfarra de Soños no obradoiro de radioteatro que nos ofreceu o Concello. Estes mozos e mozas, e a súa profesora, Ánxela Doval, salientaron a importancia da dinámica creada, da estimulación... Aprenderon a importancia de comunicar nun medio no que a expresividade se basea principalmente na voz. A valoración da actividade foi moi positiva, tanto por parte do alumnado como do profesorado. Repetiremos!!!

Achegámosvos o podcast do programa:

Na prensa sacaron a nova: 

Mércores Novembro 08, 2017

Para o alumnado de BACH. Prestade atención ás

NOTAS DE CORTE do 2017/2018 e aos

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN

das materias ABAU 2018/2019.

Xoves Novembro 09, 2017
Venres Novembro 10, 2017

O equipo de biblioteca vén de entregar hoxe os premios a Érika, Suso e Susana, gañadores do Concurso de relatos curtos de medo! Podedes ler os seus textos na entrada do blog da biblio!

Estupendo magosto! As castañas no seu punto e a paella exquisita! Estivo ben lembrar cos mozos e mozas do centro a corda, o aro, a goma, o tres en raia, a mariola... E mesmo facer estiramentos con posturas inimaxinables nun twister improvisado! Aí van os agradecementos... Á ANPA que pagou as castañas, aos profes que foron ás setas con Antón para que el e Rosi puideran preparar a paella, a Virginia e ao seu grupo de 3º de ESO que axudaron coas castañas, aos mozos e mozas de Artes Escénicas, a Manolo e Chus polo biscoito... e... seguro que alguén queda...! Unha boa xornada de convivencia!

 

Sábado Novembro 11, 2017
Luns Novembro 13, 2017

Dentro das actividades formativas do Ciclo, estes realizarán rutas en Penatrevinca do 13 ao 15 de novembro.

Martes Novembro 14, 2017

Esta mañá unha boa parte do alumnado asistiu na Casa de Cultura á posta en escena de El Quijote. R2D2 e o actor Ricardo Frazer reflexionan en escena sobre a lectura que na actualidade se pode facer da obra de Cervantes. A máquina e o home lévannos a momentos cheos de humor, mais tamén a deternos a pensar sobre por que esta novela continúa vixente nestes tempos. 

Sen dúbida, unha interesantísima actividade organizada polo departamento de Lingua Castelá, na que coincidiron con alumnado dun centro de Noia. 

Alumando de 3º ESO, 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato asistirá na Casa de Cultura de Porto do SON á epresentación de El Quijote de Ricardo Frazer. Actividade do departamento de Lingua Castelá. 

Start: 14/11/2017

Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA. 

 

 

 

Mércores Novembro 15, 2017

Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA. 

 

 

 

Xoves Novembro 16, 2017

Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA. 

 

 

 

De 8:20h ata as 19:30h, saída do alumnado de 3ESO a Vigo:

  • Museo do Mar, visita guiada sobre o Pergamiño Vindel e traballo de espazos relacionados coa lectura da obra Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas.
  • Museo Salinae.
  • Visita guiada á Illa de San Simón.

Actividade organizada polos departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia.

Venres Novembro 17, 2017

Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA. 

 

 

 

De 12:20h a 14:00h, para o alumando de 4ESO.Charla sobre as consecuencias da violencia de xénero promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración cos Servizos Sociais Concello. Organizada polo departamento de Orientación.

Sábado Novembro 18, 2017

Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA. 

 

 

 

Domingo Novembro 19, 2017

Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA. 

 

 

 

Luns Novembro 20, 2017

Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA. 

 

 

 

20 de novembro de 2017: Día Universal da Infancia

Martes Novembro 21, 2017

Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA. 

 

 

 

Xulio Verne desexaría estar de volta por Vigo e disfrutaría a visita a un espazo de excepción, o Museo do Mar de Galicia, ficando engaiolado dunha das xoias da nosa literatura medieval, o Pergamiño Vindel. Nós estivemos alí o xoves pasado co alumnado de 3º de ESO, unha oportunidade de excepción tendo en conta que só estará connosco ata a primavera antes de regresar á Morgan Library de Nova York, onde de novo, só terán acceso a el os investigadores!!! No Museo seguimos tamén os pasos de Sanjurjo Badía, Xulio Verne... Contextualizamos así a lectura da obra "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" que traballaremos nestes meses. Despois, o Centro Arqueolóxico Salinae (o sal, salario e tesouro romano no Areal), o escritor francés acompañado dun polvo xigante e a illa de San Simón agardando por nós para falarnos de Nemo, Mendinho, os tempos do Lazareto, da Guerra Civil, a posguerra, o silencio e... A MEMORIA!!!!

No blog da biblioteca podedes ler a entrada desta actividade orgnanizada polos departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia neste vídeo ver as imaxes da xornada:

Mércores Novembro 22, 2017

Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA. 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut