Extraescolares

MOBILIDADE TCAE EN ITALIA:2022-1-ES01-KA121-VET-000059495 ERASMUS + ECREDITACIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL

 

ENLACE AO VÍDEO DA EXPERIENCIA

O video está moi interesante e nel trátanse os protocolos Covid nas casas de reposo para persoas maiores

As alumnas aproveitaron para visitar un centro de psicoterapia con apicultura urbana.

RECOLLIDA DE PREMIOS 25N PEZA AUDIOVISUAL

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes  recibiron un premio pola peza audiovisual que presentaron ao concurso convocado pola Secretaría de Igualdade.

Foron convocados na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e acudiron coa súa profesora Ana Cabral.

XIV SEMINARIO NACIONAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A nosa directora Carmen Castelao Cora representou ao noso centro no XIV Seminario Nacional de Atención á Diversidade na Facultade de Ciencias da Educación celebrado en Santiago de Compostela. 

Participuo nunha mesa redonda sobre "A escola e o coidado socio-educativo das persoas refuxiada". 

 

ENLACE AO VÍDEO DO EVENTO

 

VIAXE SANTIAGO E PADRÓN 3º E 4º ESO

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de 3º e 4º da ESO visitaron en Santiago o Panteón de Galegos Ilustres e o Museo do Pobo Galego. Logo viaxaron a Padrón para visitar a casa museo de Rosalía de Castro.

Acompañaron ao alumnado Carme Cociña (profesora do Departamento de Lingua Galega), Mónica Pazos (Xefa do Departamento de Lingua Galega) e Benxa Soto (profesor de Educación Física).

 

 

 

 

VISITA DO ALUMNADO DE 2º DE CSEAS A "COIDANDO DE VÓS"

 

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

O alumnado de 2º de CSEAS estivo no Centro "Coidando de Vós" facendo diferentes test ou probas para valorar a condición física, capacidade funcional e saúde dos usuarios. Foi unha experiencia xenial.

 

ERASMUS+360º

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O venres 14 de outubro no IES Monte Castelo participamos nos #ErasmusDays celebrando unha xornada de difusión cos nosos compañeiros da Asociación Saúde Mental A Mariña. A súa Xerente e Directora Técnica Xeral, María José Nóvoa Rodríguez, participou como convidada experta na mobilidade para Persoas Adultas que, por primeira vez, tivemos neste curso co proxecto "Segunda Oportunidade".

Nesta agradable tarde, na que contamos con representantes da administración e dos cidadáns, de asociacións colaboradoras como Cruz Roja Burela, Fundación Eu Son, Asociación Camiña; membros do Consello Escolar e o Claustro, alumnos e familias, puidemos comunicar os resultados desta mobilidade, compartir as experiencias vividas tamén a través do job shadowing, valorar as posibles opción de continuidade que se establecen para este proxecto e, incluso, pechar a xornada cunha charla informal acompañada dunha deliciosa degustación de produtos gourmet preparados para a ocasión pola chef da Unidade Residencial de Cervo, Lola Rouco.

Nesta xuntanza non só reafirmamos o noso compromiso de colaboración interinstitucional orientado a eliminar as barreiras que separan á escola da sociedade, senón que establecimos novas vías para que a integración e inclusión continúen sendo os piares fundamentais da nosa loita efectiva pola igualdade de oportunidades.

 

 ENLACE AL VÍDEO DEL EVENTO

 

 

ENLACE AO VIDEO "JOB SHADOWING" 

 

 

 

1º DA ESO NA FESTA DO CORRELINGUA 22

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de 1º de ESO participou na festa do correlingua en Viveiro. Estiveron acompañados dos profesores Ana Cabral de Debuxo e de Paulo Martínez de Lingua Galega e Coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

 

 

4º ESO VISITA A PISCIFACTORÍA DE RODABALLO INSUÍÑA DE CERVO

 

 

 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

MOBILIDADE DE LONGA DURACIÓN ERASMUS+

Reportaxe fotográfico da estancia dos nosos alumnos Ester Riveira, Sergio Romero e Lucía Murados, acompañados polo Coordinador Erasmus do Centro Marcelino Luna en Praga.

 

        
 
Distribuir contido