1 de Decembro, Día do SIDA

Mesa informativa organizada polos alumnos/as de Coidados auiliares de enfermería e de Saúde Ambiental no vestíbulo de IES Monte Castelo 

1 de decembro: detén a Sida

A campaña deste ano céntranse en concienciar a sociedade de que tome medidas de protección, despois do aumento dos contaxios do VIH por vía sexual na última década.

Como cada 1 de decembro dende 1988, este martes conmemórase o Día Mundial contra a Sida. En Galiza, a campaña institucional promovida pola Consellaría de Sanidade leva o lema “Detén a Sida, unidos podemos”. Na última década, máis da metade das infeccións producíronse por ter relacións sexuais sen protección, debido a unha relaxación nas prácticas preventivas nos últimos anos.

Por iso, a campaña centrase en concienciar a poboación sobre a necesidade de instaurar prácticas de sexo seguro en todo tipo de relacións sexuais, onde é fundamental a utilización correcta do preservativo.

1 de Decembro, Día do SIDA