SAMAÍN NO NOSO INSTI

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O venres o noso alumnado montou unha exposición coa que se trata de dar a coñecer a celebración do Día dos mortos en diversas culturas ou países (especialmente aqueles dos que temos alumnado no noso centro). O alumnado de cada clase investigou sobre unha cultura ou país, guiados polo profesorado dalgunha materia e o/a titor/a.