Visita de Tomas Lasek, profesor de Educación Física no Pripotočni Praha 10, co programa #ErasmusPlus

Estos días temos o pracer de contar coa visita de Tomas Lasek, profesor de Educación Física no Pripotočni Praha 10, co programa #ErasmusPlus na modalidade de #jobshadowing, unha gran experiencia máis que sumar á nosa traxectoria de 20 anos de intercambios.

Participou nas reunións de coordinación de proxectos internacionais, así como nas do Equipo Directivo. Tamén mantivo encontros con outros docentes e con varios membros do Departamento de Educación Física.

Van aquí unha serie de fotografías da súa visita.