ACTIVIDADES 24 - N

Os obxetivos didácticos das actividades propostas para o 24 de novembro de 2018 tratan de transmitir unha mensaxe de solidariedade e denuncia

ante calquera forma de violencia contra a muller e de Informar dos delitos relacionados coa violencia de xénero ,

medidas de protección e efectos do delito. Para sensibilizar ó alumnado na problemática existente preséntanse unha serie de actividades.

.  Elaboraron frases que puxeron en distintos taboleiros do centro educativo todos os alumnos da ESO.

.  Nos recreos do xoves e do venres houbo na biblioteca do centro proxección de curtametraxes.

.  Os alumnos de 1º BAC de artes realizaron diferentes pancartas con lemas en letras brancas e o fondo con plástico negro

(cedido polo concello) para a escenificación da canción de Jennifer López "Aint Your mama" realizado polos alumnos de 3º ESO,

ensaidos por Margarita Fernández da asociación con.ti.go con axuda de Victoria Perez orientadora do centro.

.  Charla para os alumnos de 3º e 4º ESO presentada por Margarita Fernández (presidenta da Asociación con.ti.go, e educadora social),

e na que participarían, Paula Salvador Pacior (avogada con experiencia en casos de violencia de xénero).

.  Manifestos e música na casa de cultura cos alumnos de 1º e 2º ESO (vestidos con camisetas negras entregadas pola concelleira Patricia

e Cristina, de CIM burela) xunto a outros alumnos de centros educativos de Burela