SEMENTANDO IDEAS

Cada 30 de xaneiro millóns de nenos en todo o mundo celebran esta data como unha forma de alcanzar un soño: un mundo no que sexa posible a globalización da liberdade, da xustiza social e dos dereitos humanos.

Como pais, nais e profesores temos a grande responsabilidade de educar os nosos fillos e alumnos no compromiso social da paz e da fraternidade, na non violencia, apoiada na esperanza da posibilidade dun mundo mellor. Merece a pena sementar ideas de tolerancia, diálogo, solidariedade, igualdade e paz, pois sempre se recollerá algo. Como dicía Gandhi " A non violencia é unha meta á cal tende, aínda que sen sabelo, a humanidade enteira"