XI MILLA URBANA

Onte presentouse na Casa do Concello de Burela a XI Milla Urbana desta localidade, evento deportivo referente de lecer na comenzo das vacacións do Nadal que organizan un ano máis os alumnos de primeiro nivel do ciclo formativo superior : " Animación en actividades físcas e deportivas ".

 

A presente edición terá lugar o vindeiro venres, día 21 de decembro e contará co tradiccional percorrido polas rúas de Burela, con saída diante o Auditorio da Casa da Cultura e chegada nas pistas polideportivas descubertas do IES Monte Castelo. Haberá un total de 28 premios incluidos os asignados ao participante máis xoven e o de maior idade.

No acto de presentación estiveron Neves Cando Concellal de Cultura do Concello de Burela, Marcelino Luna, director do IES Monte Castelo e os alumnos Rubén Yáñez e Alejandra Fernnández representando á organización. Estos agradeceron a colaboración das empresas e comcercios locais colaboradores na presente edición e especialmente ao Concello de Burela e a Delegación Provincial da Secretaria Xeral para o Deporte o apoio e a axuda amosada. O xefe provincial de deporte Eduardo Fernández Abel presidirá a ceremonia de entrega de trofeos