Actividade fin de curso 15-16: festival musical "Djunta mô"
O festival “DJUNTA MÔ MUSICAL” concíbese como unha actividade intercultural e de convivencia para alumnado e
profesorado. O programa inclúe a actuación musical de 5 grupos da zona da Mariña, a maioría deles integrados por
alumnado, profesorado ou exalumnado do noso centro (ANTÓN CREGO, MAD BUNNY, EVA AL DESNUDO,
OH! AYATOLLAH, BATUKO TABANKA) que representan distintos estilos musicais: poesía musicada, rap, pop, rock
ou música étnica caboverdiana.