Proxecto Erasmus + “LIFELONG INNOVATIVE GUIDANCE”

Proxecto Erasmus + “LIFELONG INNOVATIVE GUIDANCE” con Turquía

Do 25 ao 29 de maio de 2015 seis profesores de Turquía visitaron o noso centro dentro do seu proxecto Erasmus + KA102 chamado "LIFELONG INNOVATIVE GUIDANCE" con nº 2014-1-TR01-KA102-002324. O IES Monte Castelo actúa como centro colaborador do proxecto.

 Durante estos días visitaron centros educativos da Mariña como o IES María Sarmiento de Viveiro e o IES de Foz para comparar a formación do noso país coa de Turquía. O seu proxecto consiste en ter unha visión das institucións, analizar os métodos de traballo e os programas educativos e  currículum, analizar estrategias de formación profesional, orientación profesional,......

 Tamén visitaron a cidade de Santiago de Compostela.