Premio Imaxiña 2014

Premio Imaxiña 2014

Xoves 16 de abril de 2015. Os IES Alfoz-O Valadouro e Monte Castelo convertéronse nos grandes triunfadores do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2014. A Fundación Imdecum deu a coñecer os nomes dos gañadores na casa da cultura de Ferreira do Valadouro, nun acto que contou coa presenza da concelleira de Cultura, María José Fernández, e os fotógrafos mariñáns Héctor Manasé e María G. Mesa, ademÁis do presidente do entidade, Marcelino Luna, acompañado por Juanma Marrube, responsable da área de Deporte na fundación.
 
A edición de 2014 resolveuse con premio na categoría de Fotografía,  e coa imaxe dun faro, de Javiera Duarte Araya, de 2º BAC do IES Monte Castelo.