Dinamizando Galicia

Proxecto DINAMIZANDO GALICIA (DIGAL)

 

O noso centro  IES MONTE CASTELO pon en marcha un proxecto de mobilidade Eramus + denominado Dinamizando Galicia (DiGal).

O noso centro  forma parte do Consorcio do proxecto que está  coordinado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Este consorcio está formado por entidades educativas e por departamentos do goberno autonómico: tres centros educativos - o IES Lamas de Abade de Santiago, o IES A Pinguela de Monforte de Lemos e o IES Monte Castelo de Burela-; o Centro de Estudos Gastronómicos da Coruña; os centros de formación agroforestal dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes (Guísamo, Becerreá, Sergude, Ribadeo e Monforte de Lemos); e os centros de formación ocupacional e de accións formativas dependentes da Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar.

 

O proxecto  ten como destinatarios  mozas e mozos  de entre 18 e 30 anos que estean  realizando cursos de capacitación, accións  formativas e ciclos medios  e que rematen no ano 2015, antes de xuño de 2016 ou que remataron en novembro  ou decembro de 2014.

 

O obxectivo principal deste  proxecto é facilitar a inserción laboral da mocidade proporcionando a posibilidade de coñecer o mercado de traballo,  adquirir experiencia laboral, poder desenvolver capacidades de autonomía e independencia e ao mesmo tempo poder  mellorar as habilidades lingüísticas e comunicativas nun idioma distinto ao materno.

 

A actividade  consiste en realizar prácticas laborais non remuneradas durante 60 días nunha empresa estranxeira  axeitada ao perfil profesional da persoa participante .

 

Os sectores aos que se dirixe o proxecto son:

 

  • Agrícola-forestal
  • Tecnolóxico
  • Administrativo
  • Hostaleiro
  • Turístico
  • Servizos básicos a comunidade (incluídos os servizos de atención a maiores, á dependencia e sociosanitario)

 

A iniciativa conta cun orzamento de 277.135 euros e inclúe 56 prazas para a realización de prácticas laborais en cinco países europeos entre o 2015 e 2016

Os países nos que se pode realizar a estancia (so poderá ir a un que elixe a persoa candidata):

 

  • Italia (Arezzo)
  • Portugal (Braga ou Viseu)
  • Irlanda (Cork)
  • República Checa (Praga)
  • Francia (Burdeos)

A persoa que resulte beneficiaria da mobilidade  terá cubertos todos os gastos  da estancia: viaxes de ida e volta a custo real ata un máximo segundo o país elixido, aloxamento e  manutención , actividades de apoio lingüístico/cultural no país de destino durante 20 horas e apoio permanente durante a estancia .

Ao regreso recibirá acreditación da  experiencia laboral  do período que será válida en todo o territorio nacional e europeo.

 

--Luns 4 de maio de 2015- Presentación doproxecto no IES Monte Castelo pola responsable deste proxecto na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta, Mª Jesús López Cernadas. Para máis información podedes contactar con ela no teléfono: 881 999 567

   

 

 

-- Santiago, 15 de abril de 2015.- O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou no grupo de traballo do proxecto ‘Dinamizando Galicia’ (DIGAL), aprobado ao abeiro do programa Erasmus +, acción clave 1 (mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe). O seu obxectivo é a realización de prácticas laborais en Europa.

Toda a información no enlace: http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/1715/xuventude-avanza-proxecto-dinamizando-galicia-para-desenvolvemento-practicas

   

 

11 de decembro de 2015- Os interesados en participar neste proxecto poderán asistir á reunión informativa que terá lugar no IES Monte Castelo o venres 11 de decembro para participar na convocatoria que terá lugar en marzo de 2016.

A responsable deste proxecto é Mª Jesús López Cernadas.