Carreira solidaria Gotas para Níger

Venres 27 de marzo de 2015- Alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO participaron na carreira solidaria Gotas para Níger.

A carreira solidaria “ Gotas par Níger “ é unha actividade de celebración e conmemoración do Día interancional da auga, organizada pola UNICEF e na que participa o Concello de Burela, e a través del este centro educativo, que ten como obxectivo, combatir a falta de ácceso á auga neste país africano, onde somentes o 42% da población pode dispoñer deste recurso.

UNICEF España organiza cada año carreiras solidarias nos concellos que secundan a iniciativa, entre eles o de Burela, co obxectivo de acadar fondos que permitan escolarizar a un millón de nen@s do devandito país, a través da participaciónn na carreira e da compra dun dorsal solidario ( €1.00 ) que permite a participación na mesma.
No curso pasado participamos preto de 200 alumn@s e profesor@s deste centro.

Esta actividade está organizada polo departamento de actividades extraescolares.