Beca para estudar 1º de Bacharelato en Estados Unidos

Beca para estudar 1º de Bacharelato en Estados Unidos

A Fundación Amancio Ortega e a Fundación Barrié ofertan becas para estudar primeiro curso de bacharelato en Estados Unidos. Para acceder ás bolsas High School hai que ter unha nota media en 3º de ESO igual o superior a 7,5 y 7 en inglés.Este ano foron seleccionados tres os alumnos de A Mariña.

O alumno becado do IES Monte Castelo de Burela é Álvaro López Fraga (4º de ESO). Estará acollido por unha familia americana co obxecto de que o proceso de integración e aprendizaxe da lingua inglesa sexa o máis completo posible.

A dotación de cada beca supón o 100 % do curso académico, así como o apoio continuado durante a estancia, a organización das viaxes, aloxamento e manutención durante o curso, así como o correspondiente seguro médico e de accidente.