Charla "A Ponte entre o ensino medio e a USC"

Charla "A Ponte entre o ensino medio e a USC"

Venres 13 de febreiro ás 11:30- Alumnos de 2º de BAC recibiron unha charla informativa sobre o acceso á universidade que foi impartida por Francisco Rodríguez Lestegás, actual decano da Facultade de formación do profesorado de Lugo.

O Programa “ A Ponte entre o ensino medio e a USC “, é unha iniciativa da Universidade que ten como principal obxectivo facer de ponte entre os centros de ensinanza secundaria e a USC, a través da realización de charlas didácticas dirixidas o futuro estudante universitario, para orientalo na súa elección dos estudos, ofertados pola USC, que máis se adaptan ás súas prefrencias e prioridades académicas.

Esta actividade está organizada polo departamento de Orientación en colaboración coa USC.