Exposición pinturas góticas da Vila do Medio

Exposición pinturas góticas da Vila do Medio

Do luns 2 ao mércores 14 de febreiro no corredor da entrada do IES Monte Castelo estará a exposición de pinturas góticas da Vila do Medio. A exposición componse de 8 paneis explicativos que conteñen información e material gráfico sobre as pinturas.

Esta actividade está organizada polo departamento de actividades extraescolares en colaboración co Colectivo Cultural Buril e vai dirixida a toda a comunidade educativa do centro.