Visita a Cariño e Cabo Ortegal

Programa "UN MAR DE CULTURA"

O martes 9 de decembro alumnos de 3º de ESO e de 1º de BAC de Bioloxía e Xeoloxía realizaron unha visita didáctica a Cariño. Realizaron unha visita guiada á cetárea natural de "A Balandra" para coñecer de preto o cultivo de marisco. Despois visitaron a fábrica de conservas "La Pureza" unha empresa familiar con 90 anos de historia e dedicada á elaboración de salazóns e conservas de peixe de forma artesanal. Despois visitaron o cabo Ortegal para coñecer o seu faro. Xa de volta a Burela na vila mariñeira de San Cibrao viron a fabricación artesanal de barcos de madeira nunha das poucas carpinterías de ribeira que aínda subsisten na zona, Asteleiros Fra.

Esta actividade estivo organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Ciencias Naturais coa que se pretende achegar o medio marítimo ao alumnado a través da visita a empresas relacionadas co mar.

A visita aparece recollida no blog: http://www.maremasma.com/blog/?p=416