Carreira solidaria "Gotas para Níger" 2014

Preto de 300 alumnos do centro de 1º a 4º de ESO e de ciclos formativos participan na carreira solidaria "Gotas para Níger" que se celebra o venres 11 de abril de 2014. Esta actividade está coordinada polo Departamento de activades extraescolares en colaboración coa aula medioambiental Gaia do Concello de Burela. Tamén participan na carreira membros da Fundación Eu Son.

Toda a recadación destínase á construcción de pozos de auga en Níger.

   

Agradecemento pola participación na carreira: