Imaxiña 2013

Febreiro 2014- No IES Monte Castelo fíxose entrega dos premios no Concurso Festival Audiovisual da Mariña 2013, organizado pola Fundación Imdecum (Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo da Mariña) en colaboración coa área de Cultura da Deputación de Lugo, en cuxa representación asisitu o seu vicepresidente Antonio Veiga.

Houbo dous premios en materia fotográfica: Ana López, do Monte Castelo; e David Darriba, do Gamallo Fierros, que recibiron cadansúa cámara de fotos.

Completan a lista de premiados os finalistas Andrés Álvarez, do Gamallo Fierros; e Uxía Treitas e Lucía Rivas, do Monte Castelo.

A noticia aparece na páxina da Deputación: http://v1deputacionlugo.org/novas.php?id=1352&idioma=gl&sec=73