Certame de Narración e Debuxo "Letras Galegas 2013"

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria premiou a 34 escolares de toda a provincia no certame de debuxo e redacción convocado con motivo do Día das Letras Galegas. Este concurso está organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo en coordinación coas bibliotecas municipais da provincia. O tema do certame era "A toda máquina". A entrega de premios foi o venres 14 de xuño ás 18 horas no Salón de Actos.

Entre os premiados no certame de Narración na categoría C está a nosa alumna IRENE RICO GÓMEZ