Día da Ciencia 5 xuño

O IES Monte Castelo celebra o Día da Ciencia o 5 de xuño co que se pretende valorar o papel da ciencia e dos científicos na creación de sociedades sostibles e para sensibilizar ó profesorado e ó alumnadoda importancia da ciencia nas súas vidas e no desenvolvemento mundial. Esta actividade está organizada polos departamentos de Ciencias e de Tecnoloxía.

Na entrada do centro hai unha exposición dos traballos realizados polos alumnos de 3º de ESO.