Viaxe cultural a Narón e Ferrol- Maio 2013

Os alumnos de 3º de ESO realizaron unha viaxe didáctica á comarca de Ferrolterra para asistir en Narón no Pazo da Cultura á obra de teatro " Días sen gloria" de Roberto Vidal Bolaño representado por actores do Centro Dramático Galego. Ademáis visitaron o xardín temático sobre a auga Aquaciencia  no Parque Raíña Sofía de Ferrol.

Esta actividade está organizada polo Clube de lectura do centro e os profesores acompañantes foron Cecilia Martín e Carmen Cociña.