A Arte do Kick Boxing

II Xornadas do Deporte Imdecum--A ARTE DO KICK BOXING, UNHA VISIÓN TEÓRICO PRÁCTICA

A Academia Imdecum en colaboración co IES Montre Castelo acolleu a segunda sesión das II Xornadas do Deporte o xoves 16 de maio, descubrindo a arte do kick boxing a través da visión teórico-práctica da campioa do mundo Marisol Ramírez.

A deportista, cinturón negro 4ª grao de kick boxing dende 2010, conta cun amplo recoñecemento medallístico. Aos 27 ouros en campionatos autonómicos (2003-09) suma 8 en nacionais (2005-09). En 2009 subiu ao cumio do podio no Campionato do Mundo de Kick Boxing, na modalidade de semi-contact, e obtivo 3 bronces en light-contact e koshiki.