Charlas informativas para bacharelato sobre o acceso á Universidade

O luns 28 de xaneiro impartironse unhas charlas informativas para alumnos de bacharelato sobre o acceso á Universidade e a oferta formativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Nestas charlas impartidas por Francisco Javier López González da Escola Politécnica Superior de Lugo participaron 3 alumnos voluntarios que espuxeron o seu acceso á Universidade dende distintos ámbitos de procedencia: o traballo, ciclo superior e bacharelato.