Exposición sobre cambio climático

Na entrada do instituto está durante o mes de marzo a exposición do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) sobre cambio climático.

Con esta exposición preténdese concienciar á poboación e poñer en pé iniciativas para aprender e actuar a favor do clima, mostrando o impacto na natureza do efecto invernadoiro. Móstranse os sinais do cambio no noso planeta e as solucións que podemos adoptar, así como a existencia de redes sociais que facilitan o intercambio de ideas e experiencias para unha posta en común.