O artista NEIRA BROCHS

O artista José Luis Neira Brochs dirixiu a 1ª sesión do obradoiro de vidrieras con material de reciclaxe "Luz e cor" o xoves 10 de novembro.

 

 

 

 



"Sen fronteiras:luz e cor" Arte-Educa

O sábado 4 de febreiro, ás 19 h., no Cenima de Foz, inaugurase a exposición colectiva máis grande que se coñeceu en toda a Mariña ate o de agora: PROXECTO DIDÁCTICO DE CREACIÓN ARTÍSTICA “SEN FRONTEIRAS: LUZ E COLOR”. ARTE-EDUCA. Desde o Concello de Foz en estreita colaboración co Bacharelato de Artes do IES Monte Castelo de Burela plantexouse unha proposta didáctica de dinamización e de creación artística destinada a toda a comunidade educativa da Mariña, tomando o CENIMA como centro de operacións e como destino final do produto de todo este proceso creativo. O obxectivo é acercar a arte á sociedade do xeito máis puro posible, desde a ollada dos máis novos.É a Arte pola Arte, a Arte sen fronteiras e sen límites. A exposición permanecerá aberta ó público ata o 3 de marzo.

Clausura da exposición o 3 de marzo no Cenima de Foz