Eventos
No marco da Aula de emprendemento coa que conta o noso centro, Ana María Adán impartiu varias charlas para alumnado dos nosos ciclos formativos, todas elas moi interesantes cara o seu futuro laboral como emprendedores.
Comenzou cunha charla-taller sobre "O análise DAFO como paso previo o emprendemento" para o alumnado do 2º curso dos ciclos de Ensinanza e Animación Sociodeportiva e Química e Saúde Ambiental.
Continuamos a nosa formación en emprendemento coa charla sobre Wikiloc para alumnado de Ensinanza e Animación Sociodeportiva, impartida por Ana María Adán.
O noso alumnado puido analizar o lanzamento de Wikiloc dende un contexto empresarial, coñocer o seu funcionamiento e identificar os factores clave do seu modelo de negocio e valorar e reflexionar sobre a creación doutras ferramentes similares nas actividades físicas, atendendo ás necesidades do mercado.
O alumnado do ciclo medio de Coidado Auxiliares de Enfermería participou nunha charla-taller sobre "Metodoloxías áxiles aplicadas ó emprendemento no sector sanitario", impartida por Ana María Adán.
Comezando o mes de outubro visitounos o alumnado do Còllege Marcel Pagnol de Vermand (Picardie) participante no programa de intercambio organizado por Paula Ballesteros, profesora de francés, acompañados das profesoras Laura Baussart e Laurence Frenoy. Aquí os vemos vistando Santiago de Compostela e a praia das Catedrais, exemplo das moitas actividades organizadas por Paula durante a súa estancia en Burela. Nas visitas tamén participaron outros compañeiros do centro como José Ángel García, Teresa Nécega e Dolores Rivero.
Taller "Jam de emprendemento" para alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva, impartido por Raquel Pedrouso.
|
Taller "Iniciativa emprendedora e traballo en equipo", outra actividade da Aula de Empredemento, impartida por Raquel Pedrouso e dirixida a alumnado do Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva.
Actividade da semana Erasmus Days, que leva por título " Hola Praha Ahoj Burela". O alumnado de ESO expón as súas experiencias en mobilidade de curta e longa duración. Utilizando materiais dixitais móstranse experiencias de intercambio realizadas nos últimos 20 anos entre Burela e Praga. |
Nova actividade da semana Erasmus Days "Voar a Eruropa e Máis Alá". O Equipo Erasmus, con Marcelino Luna como coordinador, presenta un proxecto en Cabo Verde, dirixido a estudantes e profesores de Formación Profesional. No acto participaron membros da nosa comunidade educativa. |