Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
9
| 10
Start: 10/10/2023 10:00
Na Semana Europea de Mobilidade, un membro da asociación Stop Accidentes veunos falar do que fai a súa asociación e que podemos facer para evitar accidentes de tráfico. Stop Accidentes dedícase a prevención, fomentando unha mobilidade segura. Falounos das causas de accidente máis habituais e púxonos moitos exemplos que nos fixeron reflexionar sobre o tema.
Start: 10/10/2023 10:10
O pasado 18 setembro, o alumnado de 1º da ESO asistiu a unha charla sobre Educación Vial. José Ramón López, garda civil de tráfico, explicounos moitas cousas relacionadas coa Educación Víal, como a obrigatoreidade do uso do casco para os menores de 16 anos, como circular pola estrada en condicións de seguridade, como sinalizar as maniobras, tipos de patinetes, permisos e riscos asociados os mesmos... Unha charla moi interesante dende o punto de vista da seguridade víal. | 11
Start: 11/10/2023 08:02
No marco da Aula de emprendemento coa que conta o noso centro, Ana María Adán impartiu varias charlas para alumnado dos nosos ciclos formativos, todas elas moi interesantes cara o seu futuro laboral como emprendedores. Comenzou cunha charla-taller sobre "O análise DAFO como paso previo o emprendemento" para o alumnado do 2º curso dos ciclos de Ensinanza e Animación Sociodeportiva e Química e Saúde Ambiental. Start: 11/10/2023 10:00
Continuamos a nosa formación en emprendemento coa charla sobre Wikiloc para alumnado de Ensinanza e Animación Sociodeportiva, impartida por Ana María Adán. O noso alumnado puido analizar o lanzamento de Wikiloc dende un contexto empresarial, coñocer o seu funcionamiento e identificar os factores clave do seu modelo de negocio e valorar e reflexionar sobre a creación doutras ferramentes similares nas actividades físicas, atendendo ás necesidades do mercado.
Start: 11/10/2023 13:50
O alumnado do ciclo medio de Coidado Auxiliares de Enfermería participou nunha charla-taller sobre "Metodoloxías áxiles aplicadas ó emprendemento no sector sanitario", impartida por Ana María Adán.
Start: 11/10/2023 14:21
Comezando o mes de outubro visitounos o alumnado do Còllege Marcel Pagnol de Vermand (Picardie) participante no programa de intercambio organizado por Paula Ballesteros, profesora de francés, acompañados das profesoras Laura Baussart e Laurence Frenoy. Aquí os vemos vistando Santiago de Compostela e a praia das Catedrais, exemplo das moitas actividades organizadas por Paula durante a súa estancia en Burela. Nas visitas tamén participaron outros compañeiros do centro como José Ángel García, Teresa Nécega e Dolores Rivero. Start: 11/10/2023 22:00
| 12
Start: 12/10/2023 21:38
Taller "Iniciativa emprendedora e traballo en equipo", outra actividade da Aula de Empredemento, impartida por Raquel Pedrouso e dirixida a alumnado do Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva.
| 13
| 14
| 15
|