You are hereCiencias Sociais

Ciencias Sociais


TAREFAS-4 MATERIAS XEOGRAFÍA E HISTORIA ( PROFESOR JOSÉ MANUEL )

Tras comunicación da Conselleria de Educación da Xunta de Galicia de Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente), as actividades consistirán no seguinte :

   Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado.

    En base a este comunicado facemos unhas actividades da 3ª Avaliación para semana 20-24 de abril. Cada un o seu ritmo.

   Cando teñamos mais noticias da citada normativa as comunicaremos.

TAREFAS-3 MATERIAS XEOGRAFÍA E HISTORIA ( PROFESOR JOSÉ MANUEL )

    Tras comunicación da Conselleria de Educación e da dirección do IES de Melide  de que a organización da actividade neste terceiro trimestre,  ata que teña lugar a reunión entre Ministerio de Educación e CCAA o vindeiro día 15 de abril, consistira no seguinte :

   A actividad lectiva no presencial  continuaráse, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. 

    En base a este comunicado facemos unhas activididades de reforzo e  recuperación da 2ª Avaliación para semana 14-17 de abril. Cada un o seu ritmo.

   Cando teñamos mais noticias da citada reunón as comunicaremos.

INFORMACIÓN 2ª AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO E FAMILIAS ( PROFESOR JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ BOUZA)

Trala  información que se nos pasou dende a Consellería de Educación coas instrucción que sacaron o venres 27-3-2020 sobre a 2ª Avaliación. 

 E posterior  acordo do Departamento de Xeografía e Hª para por as notas da segunda avaliación expoño as seguintes cuestións:

 1º)Fagolle chegar ao meu alumnado como vou facer para poñer a nota desta segunda avaliación.

                2º ESO

   As notas dos exames realizados significaran o 80%, e  o traballo en clase será o 20% da nota final respectivamente.

                  1º BACHARELATO B

.As notas dos exames realizados significaran o 85%, e o traballo en clase será o 15% da nota final respectivamente. 

2ª) As actividades realizadas estes días de forma telemática non son avaliables. Só son avaliables as actividades feitas antes suspensión das clases.

TAREFAS-2 MATERIAS XEOGRAFÍA E HISTORIA ( PROFESOR JOSÉ MANUEL )

  Novas tarefas para os diferentes cursos durante a semana do 30-3-2020/4-3-2020. Para realizar nesta semana, se tedes dúbidas contactar no meu correo que vai no archivo de tarefas. Cada un que vai o seu ritmo.

   Na Semana Santa ( do 6 ó 13 de abril ) non hábera tarefas ( vacacións )

   Na semana seguinte xa vamos vendo se continua o confinamento.

TAREFAS MATERIAS XEOGRAFÍA E HISTORIA ( PROFESOR JOSÉ MANUEL )

          Envio material de traballo para o alumnado da miñas materias ( Xeografía de España 2º Bach, Hª do Mundo Contemporáneo 1º Bach, Xeografía e Hª 2º ESO). Este material sera para traballar na semana do 23 ao 27 de marzo.

     Adxúntase archivos pdf coas tarefa para os diferentes cursos, xunto cun correo para  comunicar dúbidas e envio de tarefas.

     Se a suspensión continua seguiremos enviando material de traballo.

                         

Conferencia " A ARTE DEXENERADA"

O pasado 20 de febreiro o alumnado de 4º ESO e de artes de 2º BAC estivo na conferencia impartida por Carolina Munáiz "A ARTE DEXENERADA".

 A charla tiña como obxectivo primeiro dar a coñecer a purga que o réxime nazi fixo dende a súa chegada ao poder en 1933 de todas as manifestacións artísticas que se alonxasen e/ou non reflectisen exactamente o ideal de beleza que se pretendía para a sociedade xermánica.

A conferenciante fixo un repaso visual dos modelos iconográficos de homes e mulleres considerados axeitados pola ideoloxía nacionalsocialista. Os homes fortes, viriles, que encarnaban un ideal con reminiscencias da antiga Roma, os piares dunha nova sociedade. As mulleres belas, fortes e cun físico rotundo nas formas para encarnar o ideal de beleza clásica e capaz á vez de dar novas criaturas ó réxime.

Ante esta concepción que se impoñía dende o réxime todas aquelas mostras de arte disidente ou que non respondían ás expectativas citadas foron literalmente eliminados, deste xeito gran parte das vangardas que empezaran a despuntar dende finais do século XIX e principios do XX foron literlamente destruídas, queimada polos bombeiros ou no mellor dos casos vendidas para acadar cartos e emplealos noutros fines. Esta persecución supuxo o abandono de Alemaña de artistas senlleiros que acabaron producindo a súa obra nos Estados Unidos.

A conferenciante falou do fácil que é manipular logo ás masas, como a utilización de determinadas imaxes e a omisión de outras xa é unha elección que busca un fín, e coma hai que ter coidado coa manipulación á que somos sometidos ás veces polos medios de comunicación.

Transmitirlles a mensaxe de que hai que desenvolver unha mentalidade crítica ante os intentos de manipulación. Salvando as distancias o réxime nazi convenceu á socidade xermánica de que a arte que se alonxaba dos modelos elexidos por eles era arte dexenerado, impuro, non merecía a perdurabilidade senón a destrucción

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido