You are hereEducación Física, Física e Química, Linguas clásicas, Lingua Inglesa, Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Cultura Clásica, Educación Plástica, Filosofía, Lingua Galega, Lingua Española, Madeira, Música, Tecnoloxía, Relixión, Orientación, Lingua Francesa, Lingua Portuguesa, Latín, Grego, Economía, Xeografia e historia
Educación Física, Física e Química, Linguas clásicas, Lingua Inglesa, Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Cultura Clásica, Educación Plástica, Filosofía, Lingua Galega, Lingua Española, Madeira, Música, Tecnoloxía, Relixión, Orientación, Lingua Francesa, Lingua Portuguesa, Latín, Grego, Economía, Xeografia e historia
Prazo para solicitar as BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDIO para o curso 2022-2023
Coa publicación do Real Decreto 154/2022, adiántanse os prazos para solicitar as BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDIO para o curso 2022-2023.
Tradicionalmente, esta convocatoria publicábase no mes de agosto. Nesta ocasión, e para axilizar os trámites, hai un cambio no prazo de solicitude , pasando a ser do 30 de marzo ao 14 de maio.
Dende a páxina web do centro informaremos do procedemento unha vez aberto o prazo de inscrición.
Para máis información pódese consutar a seguinte dirección.
Remata o I Campionato de Ping Pong do Ies de Melide
Despois de máis dun mes de campionato, onde alumnos, alumnas e profesorado demostraron o seu dominio das raquetas, damos por finalizado o Torneo.
Foron moitos recreos de emocións e competición onde aprendemos a compartir e a xogar con deportividade.
Parabéns os gañadores!! Vémonos no seguinte!
Público animando aos finalistas
Caimpión e subcampión cos trofeos Cuarto e terceiro posto
DÍA DA MULLER NO IES DE MELIDE
Hoxe 8 de marzo celebramos o Día da muller coa entrega de máscaras de cor violeta a todo o alumnado para visibilizar esta xornada. O alumnado de 2º de Bacharelato foi o encargado de facer no recreo unha representación coa lectura de textos alusivos a situacións ás que se enfrontan as mulleres no día a día, rematando con unha lembranza homenaxe ás mulleres ucraínas neste día.
Aberto o prazo de inscrición para as PROBAS DE ACCESO a grado medio
Dende o luns 3 ata o mércores 16 de marzo estará aberto o prazo para presentar a solicitude de inscrición para realizar as probas de acceso aos ciclos medios.
A soclicitude realízase a través da aplicación "ciclosprobas" e pódese entregar por vía telemática a través da sede electrónica da Xunta cun sistema de usuario ou chave 365, ou tamén de forma presencial na secretaría dun centro que imparta FP neste curso 21-22.
Se tedes dúbidas pasade polo departamento de orientación!
BOLSAS para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras
O luns 28 remata o prazo para presentar as solicitudes para as bolsas de formación en linguas estranxeiras a través dunha estancia nun país estranxeiro durante o verán.
DESTINATARIAS/OS: alumnado de 1º e 2º de bacharelato
REQUISITOS:
- Ter unha cualificación de 6 na materia de lingua estranxeira do curso 20-21
- Ter todas as materias aprobadas do curso 20-21
A bolsa terá en conta a renta familiar e a cualificación media do curso 20-21
REALIZACIÓN: dende a última semana de xuño ata agosto para 1º de bacharelato, e durante o mes de agosto para o alumnado de 2º de bacharelato.
SOLICITUDE:
- Na seguinte ligazón.
- A presentación das solicitudes xeradas poderase realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia coa identificación Chave 365, ou presencialmente nos rexistros establecidos no procedemento administrativo común.
INCLÚE:
- Gastos da viaxe
- Manutención e aloxamento
- Gastos de docencia e material escolar
- Seguro de accidentes e de responsabilidade civil
Para ter máis información pulsa aquí
NON PERDAS ESTA OPORTUNIDADE!!
Continuamos cos obradoiros de SAÚDE EMOCIONAL
Seguimos cos obradoiros de SAÚDE EMOCIONAL en 1º e 2º de ESO! Nestes cursos traballamos sobre o bullying e as súas consecuencias emocionais así como do feminismo e da diversidade sexual.
Nesta ocasión, tocoulles ao alumnado de 3º e 4º de ESO falar e coñecer máis sobre a SAÚDE EMOCIONAL NAS ADICCIÓNS.
Alumnado de 3º de ESO falando sobre as adiccións
O IES DE MELIDE SEGUNDO CAMPIÓN DE GALICIA NO CONCURSO ODISEA
Fieles ao Concurso Odisea dende a súa creación, as alumnas e alumnos do IES de Melide non faltaron a convocaoria deste ano.
Nesta ocasión o tema era a Arte nas antigas Grecia e Roma, un tema precioso, pero amplísimo. Adestramos duramente con este material, elaborado polos departamentos de latín e grego e practicamos facendo un montón de preguntas na aula virtual.
Pasamos unha semana moi emocionante e nada menos que catro equipos de Melide conseguiron a puntuación máxima, 73 puntos. O equipo que empregou menos tempo o día do preguntón, o equipo Apeles de 1º B de BAC, pasou ao desempate autonómico.
O pasado mércores 9, o equipo APELES, formado por Belén Agra Parrado, Brais Lugrís e Diego Pintor Barallobre, conseguiu clasificarse como 2º campeón de Galicia, na fase desempate local. Este equipo, que tomou o seu nome do famoso artista grego, pintor persoal de Alexandre Magno, recollerá o seu premio o vindeiro martes 8 de marzo durante o Festival de Teatro de Lugo.
Bravísimo por Belén, Brais e Diego e por todas e todos os participantes. Pasámolo estupendamente e aprendimos un montón, e iso é o mellor premio.
COMEZA O TORNEO DE PING PONG NO IES DE MELIDE
Hoxe comeza o torneo de Ping-Pong do IES de Melide, con case un centenar de participantes de todas as idades e que ten como obxectivo a promoción da actividade física, os hábitos de vida saudables e que completan a oferta de actividades dos Recreos inclusivos, que favorecen a interrelación e integración de todo o alumnado.
Os gañadores do campionato recibirán un xogo de pas de ping-pong e un trofeo conmemorativo.
TORNEO DE PING PONG NO IES DE MELIDE
Os nosos alumnos de Fp Básica e alumnas de 1º de ESO colaboraron na elaboración do cadro do torneo que comezará a semana que ven nos recreos. Somos 128 participantes, con alumnado de todos os cursos da ESO, de bacharelato, de Fp básica, do Ciclo Medio de Madeira, e profesorado.
AXUDAS ACTIVIDADES FORMATIVAS EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
Está aberto o prazo para solicitar axudas para a realizacón de actividades de formación en Linguas Estranxeiras.
- Dirixidas ao alumnado matriculado en bacharelato
- Prazo de solicitude do 1 de febreiro ata o 28 de febreiro (incluído)
Máis información AQUÍ
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »