You are hereActividades / Escolares

Escolares


EDUCAR NO CÁRCERE

Dúas profesoras de EPAPU do Cárcere de Teixeiro acompañadas polos internos Joana e Paco visitaron o noso IES para explicar o funcionamento do proxecto ANOCA -Aprender no Carcere-.

O alumnado de 4º ESo e do ciclo de Madeira que participaron na charla-coloquio seguiron con atención a Chus e Enma que contaron a súa enriquecedora experiencia como docentes na escola do centro penitenciario.

Os internos contaron as súas vivencias persoais, e responderon ás preguntas formuladas polo alumnado, quen coñeceu de primeira man os riscos de caer no mundo das drogas. Aprender dos erros, aínda que sexan alleos, e ser responsables do camiño a elexir foron a mensaxe clave que transmitiron Joana e Paco.

Enlace para que o alumnado faga comentarios:

http://proxectoanoca.blogspot.com/search/label/Melide%2011-12

CARREIRA SOLIDARIA POLA R.D. DO CONGO

O 21 de novembro participamos na VIII Carreira de Solidariedade, actividade que oganiza a ONG SAVE THE CHILDREN para os centros educativos de toda España.

O obxectivo foi desenvolver un espírito crítico no noso alumnado ante as inxustizas que se dan no mundo con respecto aos dereitos dos pequenos, acentuando a súa solidariedade. E doutra banda, recadar diñeiro para realizar programas de educación, sanidade e seguridade dirixidos a mellorar a vida dos nenos e nenas da REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO.


II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO (4 DE NOVEMBRO)

Este ano celébrase o Ano Internacional da Química. Conmemórase o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie en 1911 polo seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio.  Tamén neste "II Día da Ciencia en Galego" homenaxéase á matemática galega Mª Wonenburger, facendo tamén unha homenaxe ás primeiras mulleres que dan clase, fan ciencia, e cambian para sempre a maneira de ver o papel da muller na ciencia.

ACTIVIDADES NO NOSO IES: VIDEOCONFERENCIA, OBRADOIROS CIENTÍFICOS, EXPOSICIÓNS, VIDEOFORUM, CONCURSOS... (máis información).

IMAXES DOS ACTOS:


 
 

CONCURSOS E EXPOSICIÓNS NO NOSO IES

CONCURSO-EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA (información).

CONCURSO DE "RELATOS "O SAMAÍN" (bases).

CONCURSO-EXPOSICIÓN DE DECORACIÓN DE CABAZAS (aclaracións).

VÍDEO DIDÁCTICO SOBRE A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN CON MÚSICA DE MAMÁ CABRA

from Falamelide TV on Vimeo.

<< A SEMANA DAS CURTAS >>

O alumnado do IES de Melide, xunto con máis de 11.000 alumnos duns 80 centros educativos de toda Galicia, participa ata o próximo venres na “Semana das Curtas”, que organiza o equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Audiovisual de Vigo, en colaboración coa Coordinadora Galega de ENDL.

A Semana das Curtas propón a proxección, en cada centro educativo participante, dun ciclo de curtametraxes galegas en lingua galega, estructurado en sesións temáticas de aproximadamente unha hora de duración cada unha.

Cada sesión temática consta de tres curtas, un videoclip dun grupo musical que cante en galego e unha breve peza documental de “eufalo.tv”, un proxecto colaborativo sobre a lingua e os falantes.

Ao mesmo tempo, habilitouse un espazo web (http://www.semanacurta.com/index.htm) e un blog (http://semanacurta.wordpress.com) para que o alumnado poida opinar sobre as distintas pezas. Desta manera, os mozos e mozas poderán establecer contacto entre eles, opinar sobre as filmacións que máis lles gostaron, contrastar opinións con outras persoas e votar pola curta e sesión que máis lles gustou.

Fomento do galego

O obxectivo é difundir a creación audiovisual galega e fomentar a lingua por medio de linguaxes atractivas para o alumnado. Ao mesmo tempo, servirá para promover entre o alumnado o traballo de directores e actores xoves, que en moitos casos están dando os seus primeiros pasos no ámbito creativo, ao lado de outros máis consagrados, como Isabel Risco, Luís Iglesia, Marcos Correa, Xan Cejudo, Mela Casal ou Camila Bossa, entre outros.

Trátase de visibilizar a creación artística feita no idioma galego, moitas veces invisible poa sobreoferta dos medios ou polo desinterés da propia administración, ao tempo que pode servir para incentivar ao alumnado para que elabore  os seus propios proxectos audiovisuais.

Asociación para o Estudo da Lesión de Médula Espinal

Cati e Daniel, da Asociación para o Estudo da Lesión de Médula Espinal (AESLEME), estiveron no IES de Melide para explicarnos como se produce este tipo de lesión e como se pode previr. Tamén nos contaron como cambia a vida das persoas afectadas, como é o novo día a día ao que se teñen que enfrontar.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido