You are hereActividades
Actividades
DÍA DA POESÍA
O día Mundial da Poesía celébrase o 21 de marzo, equinoccio de primavera, e foi declarado pola Unesco no ano 1999 co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética. Nós imos alongar durante esta semana a conmemoración para disfrutar desta "Primavera dos e das poetas", lendo poemas durante os recreos na biblioteca do IES, en todas as linguas que conviven no noso instituto. Da man das musas, queremos que as nosas verbas e outras emprestadas, deixen un eco de beleza no aire, compartindo a palabra poética para medrar na experiencia vital.
O ÁLBUM DO DÍA DA MULLER: CREACIÓN COLECTIVA DO ALUMNADO DO IES
Ao longo desta semana, o noso alumnado foi enviando retratos para este álbum que pretende homenaxear a mulleres de todas as épocas, unhas máis coñecidas, e outras relevantes pero difuminadas pola historia, para lembrarnos que foron moitas as que ao longo dos anos contribuiron a engrandecer o noso mundo, e a abrir xanelas ao coñecemento e ás artes.
Compartimos con vós o noso traballo neste enlace, podedes ver o álbum da muller 2021, que esperamos que siga aumentando:
PREMIADOS NO FESTIVAL VIRTUAL DE ENTROIDO 2021
Os premiados no concurso festival virtual do IES de Melide 2021 son:
Categoría Clase:
- 1º premio: 2º ESO B
- Accésit: 2º ESO D
Categoría comparsa: deserta.
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO IES DE MELIDE
Conmemoramos o día 25 de novembro no IES de Melide para poñer de relevo o noso rexeitamento cara unha realidade que cada ano están a sofrer mulleres de todo o mundo. Co gallo desta data, realizouse unha curtametraxe co alumnado de 2º de Bacharelato e recibimos a Carme Liñeiro, concelleira de Política social, Igualdade e Saúde do Concello de Melide. Ex-alumna do noso IES, a concelleira compartiu con alumnado de Bacharelato a súa experiencia no mundo do traballo social e no eido da igualdade e os conflitos de xénero.
DÍA 25 DE NOVEMBRO: 2º BACHARELATO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado de 2º de Bacharelato do IES de Melide quere conmemorar o día 25 de novembro, Día Internacional contra violencia de xénero a través desta curtametraxe realizada en colaboración coa Concellería de Política Social, Igualdade e Saúde do Concello de Melide.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS...DESCONFINEMOS O GALEGO!
Hoxe vivimos un 17 de maio un pouco particular, pero o noso alumnado decidiu desconfinar o galego adicando unhes minutos a Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle adica o día das Letras Galegas este ano. Feliz día das Letras!!
No vídeo, a alumna Carla Rivadulla de 2º de BAC.
CONMEMORACIÓN: SEMANA DE ROSALÍA
Durante a semana do 2 ao 6 de marzo de 2020, conmemorouse no IES de Melide a semana de Rosalía. Durante esta semna, a banda musical que se escoitou durante os receros foi "Rosalía musicada" e ademáis contamos cun pousadoiro fototgráfico, recitado de poesía...
Por outra banda, o xoves día 5 na biblioteca do centro contamos cunha lectura de fragmentos de distintas obras de Rosalía, un recitado conxunto dalgúns dos sus poemas e con unha adpatación ó flamenco de Negra Sombra.
CONMEMORACIÓN DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Con motivo do día internacional da muller, no IES de Melide leváronse a cabo obradoiros nos que diferentes mullleres que tiveron un papel relevante no mundo da ciencia, das artes, da literatura...foron as que foron achegando ó alumnado de 1º de ESO as pistas necesarias para poder recuperar un valioso tesouro! Este scape room foi levado a cabo por Xandobela, e a actividade foi financiada polo concello de Melide.
CHARLA PREVENCIÓN DE CONDUCTAS ADITIVAS
Dende o Concello de Melide, impartíronse no IES de Melide unhas charlas orientadas á prevención de condutas aditivas. As charlas, orientadas ó alumnado de 2º de ESO tiveron lugar durante o 2 e 3 de marzo.