You are herecontent / DATAS DE INTERESE + REQUISITOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES

DATAS DE INTERESE + REQUISITOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES


        I.            I. Probas de Acceso a Ciclos de Grao medio:

a.  Poderán participar as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos (título da ESO, título de FPB) e teñan 17 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

b.  O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos. A proba terá lugar o 28 de maio de 2020.

      II.            II. Probas de Acceso a Ciclos de Grao superior:

a.  Poderán participar as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos (título de BACH, título de FP Medio) e teñan 19 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

b.  O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos. A proba terá lugar o 23 de Abril de 2020.

Poden ampliar información sobre as probas no Departamento de Orientación do IES Melide.

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido