You are herecontent / RETRATO DUN ALMORZO SAUDABLE

RETRATO DUN ALMORZO SAUDABLE


Como colofón ao traballo realizado nas diferentes matérias, o alumnado de 1º ESO compartiu almorzo no ximnasio do IES de MELIDE.

Baixo un formato que convidaba á exposición dun discurso persoal elaborado por cada quen para a ocasión sobre as bondades dun almorzo saudable, o alumnado cargou de alimentos a súa mochila e participou ademáis nun concurso no que se xogaba o bocadillo do recreo.

Por grupos de clase resolveron catro probas:

PREME AQUÍ PARA VER AS IMAXES DA ACTIVIDADE

1ª proba: Retrato dun almorzo saudable. Fotografar os ingredientes do almorzo saudable dun alumno/a do grupo-clase para defendelo cun breve discurso.

2ª proba: Improvisación teatral (5´ de preparación): idear e dramatizar unha situación (duración máxima de 1´) que explique os principais beneficios dun almorzo saudable.

3ª proba: Escribir en inglés cinco alimentos que poidan conter graxas hidroxenadas (“TRANS”). A pregunta farase en inglés.

4ª proba: Segundo o modelo de almorzo entregado, e con atención ao estudado, facer os cálculos precisos para concluír se é ou non un almorzo saudable.

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido