You are herecontent / O IES de Melide contará para os cursos 2015/16 e 2016/17 cun Plan de Formación Permanente do Profesorado

O IES de Melide contará para os cursos 2015/16 e 2016/17 cun Plan de Formación Permanente do Profesorado


Non alleos ó movemento de innovación pedagóxica, estamos a impulsar un traballo por proxectos transversais baseados nas competencias claves baixo liderados compartidos co alumnado  e utilizando metodoloxías  colaborativas facilitadas por un uso creativo, pedagóxico e interactivo das TIC.

Co nome de eNPRoXeCTo queremos desenvolver aprendizaxes nas que despreguemos o conxunto integrado de contidos, destrezas e actitudes (dimensións da competencia), poñéndoas ó servizo da resolución eficaz dunha situación "problemática".

Obxectivos

-Analizar os currículos buscando coincidencias que permitan o traballo por proxectos transversais e interdepartamentais (profesorado) e  intergrupal (alumnado) cun cambio real na metodoloxía de aula, traballo por competencias clave.

-Avanzar rumbo unha perspectiva curricular da atención á diversidade, buscando solución de aprendizaxe baseadas nas modificacións a nivel contextual, buscando a máxima inclusión posible.

-Coñecer o funcionamento básico das TIC e as súas posibilidades pedagóxicas, interactivas e creativas dentro e fóra da aula. Estudar e analizar as posibilidades que teñen como ferramenta colaborativa e integradora do alumnado con NEE.  

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido