You are herecontent / Concerto o 5 de xuño no Auditorio da Casa da Cultura de Melide.

Concerto o 5 de xuño no Auditorio da Casa da Cultura de Melide.


O Alumnado de Música de 1º de Bacharelato como traballo de fin de curso avaliable na súa materia organiza un concerto o próximo día 5 de xuño no Auditorio da Casa da Cultura de Melide. O concerto está organizado polo Consorcio para a Promoción Musical do IES de Melide, que é un grupo de traballo creado dentro da aula co obxectivo de realizar proxectos de programación e organización de eventos culturais. Son os mesmos alumnos e alumnas os que compoñen, ademais, o grupo de percusión que intrepreta todas as pezas do concerto, baixo o nome de @REcortados. Colabora con eles ademais o Grupo de Teatro Teiroa.

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido